Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 178/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación L.M.T., C.T. Cabana.

Situación: concello de Cambre.

Características técnicas: tramo de liña eléctrica de media tensión aérea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,111 km, coa orixe no apoio n.º 14 existente da L.M.T. SMC-709, tramo entre a derivada ao C.T. Sigrás de Arriba e o C.T. Cabana, condutor tipo LA-110/116,2 mm², e final en apoio n.º 43 existente da L.M.T. SMC-709, tramo entre o C.T. Cabana e a derivada ao C.T. Técnicas de Nutrición, S.A. (particular).

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,038 km, coa orixe nos pasos aereosubterráneos para realizar no apoio n.º 42 existente da L.M.T. SMC-709, tramo entre a derivada ao C.T. Sigrás de Arriba e a derivada ao C.T. particular Técnicas de Nutrición, S.A., condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al) e final no C.T. Cabana a reformar.

Centro de transformación non prefabricado Cabana, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Proxéctase a reparación da caseta de obra civil. Concello de Cambre.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de novembro de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña