Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 283/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación L.M.T., C.T. Castelao.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,018 km, coa orixe en paso aéreo-subterráneo para realizar en apoio n.º 20/2 proxectado, para intercalar na L.M.T SMC-709 entre o apoio n.º 20/1 existente e o C.T. Castelao para reformar.

Centro de transformación non prefabricado Castelao, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Proxéctase a reforma da caseta de obra civil. Concello de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 2 de decembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas