De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, n.º 70.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Lugo, 13 de decembro de 2011.
Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: SAN-LU-113/2011-PR.
Interesado: Eliseo Vidal Monteserín.
Acto notificado: incoación.