Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente LU-PES-78/2011-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para notificarlle por comparecencia o acordo adoptado no expediente citado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da notificación deste anuncio na sede do Servizo Xurídico Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rolda da Muralla n.º 70, baixo 1.º de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 13 de decembro de 2011.

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-PES-78/2011-V.

Interesado: Ionel Davidoaia.

Acto notificado: resolución.