Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes ANP-CO-0054-2011-V e CON-CO-0018-2011-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural sita na praza de Luís Seoane s/n, edificio administrativo Monelos, 3.º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 9 de decembro de 2011.

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: ANP-CO-0054-2011-V.

Denunciado: Miguel Rodríguez Hermida.

Acto de notificación: proposta resolución.

Expediente: CON-CO-0018-2011-V.

Denunciada: M.ª Cruz Lence Barreiro.

Acto notificado: proposta resolución.