Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia na resolución de modificación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacova (Abegondo-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Desenvolvemento Rural.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta Xefatura Territorial, situada no edificio administrativo de servizos múltiples, Monelos, A Coruña, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 7 de decembro de 2011.

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: Resolución do 7 de abril de 2011, do director xeral de Desenvolvemento Rural, de modificación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacova (Abegondo-A Coruña).

Interesados:

Purificación Fariña Fariña.

Camilo A. Veiras Álvarez.

Carlos Fariña Núñez.

Abel Vázquez Veiras.

Inversora Agroforestal, S.L.