Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 149

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO RSU (3659/11 MCR).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 3659/2011 MCR desta sección, seguido por instancia de Miguel Tato Blanco e outros contra as empresas Secaval, Moti Europa, S.L.U., Pizarras Las Cuartas, S.A., Promociones e Inversiones Valdeorras, S.L., Ulpiano Rodríguez Fernández e María de los Ángeles Fernández do Souto, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva di así:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Miguel Tato Blanco e estimando en parte o de Pizarras de León, S.A. e Pizarras Intradima, S.L., contra a sentenza de 23.4.2010 ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, a sala mantén a decisión da sentenza, salvo no referente ao aboamento de salarios de tramitación, que non procede. Devólvaselle á recorrente o depósito e da cantidade consignada as diferenzas resultantes da condena de instancia e da da sala.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 300 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala-sección aberta en Banesto co n.º 1552 e deberá indicar no campo concepto, Recurso seguido do código 35 Social Casación. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código 35 Social Casación. De efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e sirva de notificación a María de los Ángeles Fernández do Souto expido e asino o presente edicto na Coruña o 12 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial