Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 15 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número O-2001/0128, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Carburantes Acibro, S.L., con último domicilio coñecido no Foxo, 36000 A Estrada (Pontevedra), a resolución que inadmite o recurso de alzada número O-2001/0128, formulado contra a resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da cal a súa parte dispositiva di:

RESOLVO:

Inadmitir o recurso de alzada número O-2001/0128, interposto por Jesús Castro García, en nome e representación da mercantil Carburantes Acibro, S.L., contra a Resolución do 26 de xaneiro de 2001, ditada pola Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se declara a non aptitude da localización proposta na marxe dereita da estrada C-541 Santiago de Compostela-A Estrada, no p.q. 18+600, para a instalación dunha estación de servizo.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou no de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas