Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Distribuidora Eléctrica de Catoira, S.A.
Domicilio social: Gondar 5 Dimo, 36000 Catoira.
Denominación: ampliación de potencia C.T. Baiuca II.
Situación: Catoira.
Características técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación (Baiuca II), situado en Baiuca, Catoira, a 160 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 18 de novembro de 2011.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra