Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 15 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a solicitude de acreditación da representación do recurso de alzada número RA/O/2011/00045, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Emilio Portela Rosales, en representación de Milucho Maderas y Canteras, S.L., co último domicilio coñecido no lugar de Sabarigo, 10, en Cela-Bueu (Pontevedra), a solicitude de acreditación da representación no recurso de alzada número RA/O/2011/00045, formulado contra a resolución da Dirección Xeral de Infraestruturas dos expedientes sancionadores sanc/14/11 e sanc/13/11, pola retirar a barreira bionda e cortar árbores sen autorización.

Como queira que no escrito de interposición de recurso non queda suficientemente acreditada a representación da dita empresa, é polo que se require, a teor do disposto nos artigos 71 e 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que acredite a persoa que represente a dita entidade por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, de conformidade co artigo 32 do mesmo corpo legal.

De acordo co exposto, poderá acreditar a representación mediante documento público, documento privado con sinatura notarial lexitimada, ou mediante declaración en comparecencia persoal do interesado.

Polo que se require para que, a teor do disposto nos artigos 70, 76 e 110 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, nos acredite a representación que di posuír, con expreso apercibimento de que, de non facelo así, se procederá ao arquivo do dito escrito sen máis trámite.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas