Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41068

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO sobre a publicación das bases de selección para cubrir unha praza de subalterno-notificador.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) n.º 243, do 21 de decembro de 2011, procedeuse á publicación das bases de selección para a provisión definitiva do posto de subalterno-notificador que figura no cadro de persoal do Concello do Porriño, como persoal laboral fixo integrado no grupo de clasificación profesional de agrupacións profesionais (AP). O sistema selectivo é o de concurso-oposición libre.

Mediante este anuncio convócanse as probas selectivas para a cobertura da praza anteriormente descrita e faise saber que o prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O Porriño, 23 de decembro de 2011.

José Nelson Santos Argibay
Alcalde