Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41069

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 443/2011-2J interposto por María Montserrat Lombardía Fernández.

No Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo estase a tramitar, mediante procedemento abreviado, o recurso contencioso-administrativo número 443/2011-2J interposto por María Montserrat Lombardía Fernández contra a resolución da Comisión de valoración e seguimento das listaxes de agarda do Consorcio pola que acorda denegar a suspensión do chamamento sen penalización solicitada pola recorrente.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2011.

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar