Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41067

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/19/11).

El Volante Servicios Hosteleros, S.L. solicitou da Alcaldía licenza municipal de ampliación e acondicionamento e de actividade para a apertura dun establecemento dedicado a elaboración de produtos precociñados e envasados, que se situará en Casal, n.º 9, Budiño, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/19/11 na sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

O Porriño, 22 de novembro de 2011.

José Nelsón Santos Argibay
Alcalde