Por Resolución do 14 de setembro de 1988 apróbase o Regulamento dos rexistros da Universidade de Santiago de Compostela (Diario Oficial de Galicia número 194, do 6 de outubro de 1988).
O artigo 16 desta resolución relaciona os rexistros auxiliares da universidade figurando entre eles o Rexistro Auxiliar do Servizo de PAS, situado no edificio da Balconada 6, Santiago.
A futura creación da sede electrónica da USC impulsa a implantación de xeito gradual medidas de racionalización e eficacia cara a creación do rexistro electrónico, por iso esta reitoría
RESOLVE:
A supresión do Rexistro Auxiliar do Servizo de PAS, situado no edificio da Balconada 6, Santiago.
A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago, 22 de decembro de 2011.
Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela