III. Outras disposicións
Instituto Galego da Vivenda e Solo
CORRECCIÓN de erros. Resolución do 26 de decembro de 2011 pola que se procede á convocatoria pública da axuda, en réxime de concorrencia non competitiva, ás persoas inquilinas das vivendas arrendadas no marco do Programa Aluga, no exercicio 2012.
Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 246, do 27 de decembro, cómpre facer a oportuna corrección:
No anexo I da devandita resolución (páxina 38300), cómpre a súa corrección. Para facilitar a consulta, reprodúcese o devandito anexo I.