Con data do 21 de novembro de 2011 a conselleira de Facenda ditou resolución pola que se desestima o de recurso alzada formulado por Ana Isabel Barreiro Ponte contra a Resolución do 13 de xullo de 2011, do tribunal designado pola Orde do 4 de setembro de 2009 (DOG núm. 179, do 11 de setembro) para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008 (DOG núm. 144, do 28 de xullo).
Tentada, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo, por ausente na repartición.
Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Ana Isabel Barreiro Ponte a resolución antes referida.
A recorrente pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano s/n, 1-3.º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8 e 14.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública