Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 40996

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3706/2011 MCR).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3706/2011 MCR desta sección, seguido por instancia de Penalva y LLedo, S.A. sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva di así:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Ángel Rubianes Vidal contra a sentenza de data 26.7.2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense no procedemento número 498-2010 sobre despedimento, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Procede declarar a perda do depósito constituído para recorrer. Impóñense as custas ao recorrente condenándoo ao aboamento dos honorarios do letrado impugnante do recurso en contía de 300 euros.

Respecto dos aseguramentos prestados mantéñanse estes ata o cumprimento da resolución recorrida ou en execución de sentenza acórdese o procedente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 300 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala - sección aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto, «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentencia, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e sirva de notificación á empresa Helados Cortijo, S.L. e Distribuciones Rapica, S.L., expido e asino o presente na Coruña, 7 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial