Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 40769

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

Para unha adecuada aplicación das taxas e os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia a orde a que fai referencia o título desta resolución procedeu a codificar tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que crearon ou modificaron os servizos xestores e as tarifas existentes, razón pola que mediante esta resolución se procede revisar as codificacións recollidas na orde citada, consonte a autorización contida no parágrafo 2 da disposición adicional da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992. As normas que motivan a revisión da codificación son as que se citan a seguir:

1. A Lei 1/2011, do 28 de febreiro, reguladora do Consello Galego da Competencia, que modifica a denominación do servizo Tribunal Galego de Defensa da Competencia.

2. A Lei de medidas fiscais e administrativas.

3. O Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, de conformidade co regulado na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. A nova entidade asumirá as competencias atribuídas á Dirección Xeral de Infraestruturas e aos servizos de infraestruturas das xefaturas territoriais, o que implica o cambio de denominación do código correspondente.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 referida,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar as táboas dos códigos de consellerías e servizos recollidas no anexo V da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, da forma que se especifica a continuación:

a) Modificando a denominación do código do servizo número 05, na Consellería de Facenda, que queda redactado como segue:

05

Consello Galego da Competencia

OA

b) Modificando a denominación do código do servizo número 04, na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que queda redactado como segue:

04

Axencia Galega de Infraestruturas

OA

Segundo. Actualizar o anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

A) Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

30.07.29

Outras autorizacións e comunicacións

30.10.17

Autorización de instalación para explotación da modalidade de bingo electrónico

30.10.18

Modificación ou cancelación de autorizacións de instalación para explotación da modalidade de bingo electrónico

30.10.19

Inscrición de sociedades anónimas para interconexión entre salas de bingo electrónico

30.10.20

Modificación ou cancelación de sociedades anónimas para interconexión entre salas de bingo electrónico

30.10.21

Autorización do programa de xogo de modalidade de xogo do bingo electrónico

30.22.03

Autorización previa de publicidade das actividades de xogo

30.22.04

Autorización de instalación e apertura de locais presenciais abertos ao público para a explotación de xogos e apostas da competencia do Estado

30.22.05

Autorización de instalación de terminais ou equipamentos que permitan a participación nos xogos, apostas e lotarías da competencia do Estado, nos locais de xogo, nos establecementos de hostalaría e análogos, ou en calquera outro local presencial aberto ao público. Por cada terminal

30.22.06

Autorización para a organización, a explotación e o desenvolvemento de xogos e apostas por medios ou sistemas informáticos interactivos ou de comunicación a distancia

30.22.07

Autorización de instalación de terminais de xogo en bares, cafetarías, establecementos de hostalaría e análogos, por cada terminal

30.49.00

Habilitación do persoal para exercicio de funcións de socorrista acuático

30.50.00

Homologación de actividades formativas en materia de seguridade

30.51.00

Apostas

30.51.01

Actividades de empresas de fabricación e importación de material de apostas

30.51.02

Actividades de explotación de apostas

30.51.03

Establecementos e lugares de apostas

30.51.04

Homologación do material de apostas (sistemas, terminais e demais elementos de xogo) e inscrición no Rexistro de Apostas dos modelos de sistemas e máquinas de apostas

30.51.05

Autorización da instalación de máquinas auxiliares de apostas (en establecementos de hostalaría). Por cada máquina auxiliar instalada

30.52.00

Actividades nas instalacións xuvenís e de tempo libre e ao aire libre

30.52.01

Actuacións de control de inicio da actividade e/ou modificacións substanciais nas instalacións xuvenís

30.52.02

Actuacións de control de inicio de actividades de escolas de tempo libre

30.52.03

Actuacións de control de inicio de actividades ao aire libre

30.52.04

Expedición de títulos acreditativos da formación de monitor e director de actividades de tempo libre e de campos de traballo e/ou homologación destes títulos expedidos por outras comunidades autónomas ou outros estados membros

30.53.00

Renovación ou reposición de tarxeta sanitaria

31.04.09

Rexistro oficial de produtores, comerciantes e importadores de vexetais e produtos vexetais

32.07.24

Expedición de certificados de empresa para a comercialización e manipulación de gases fluorados

32.07.25

Autorización de distribuidores de halóns

32.37.06

Autorización administrativa doutras instalacións de produción en réxime especial. Sobre a tarifa consignada no código 32.09.00

32.55.03

Operacións de ensaio de prata e, de ser o caso, contraste

32.55.04

Análise consultiva de ouro

32.55.05

Análise consultiva de platino

32.55.06

Análise consultiva de prata

32.59.05

Avaliación doutros estudos non incluídos nos puntos anteriores

32.68.00

Obras hidráulicas de regulación xestionadas pola Administración hidráulica da Comunidade Autónoma de Galicia, por metro cúbico de auga captado

34.05.00

Dominio público viario

34.05.01

Utilización privativa ou ocupación do dominio público viario

34.05.02

Aproveitamento especial do dominio público viario

B) Modificando os códigos seguintes:

30.07.17

Homologación de tarxetas prepagamento para máquinas tipo «B» ou «B especial»

30.07.18

Homologación de fichas, tarxetas magnéticas prepago ou outros soportes físicos autorizados para máquinas tipo «C» ou «B especial»

30.07.23

Autorización de instalación do centro de control do sistema de interconexión de máquinas de xogo tipo «B» ou «B especial» entre salóns ou bingos

30.07.24

Autorización de instalación do centro de control do sistema de interconexión de máquinas de xogo tipo «C» ou «B especial» entre casinos

30.07.26

Inscrición no Rexistro de modelos de cambio de xogo en máquinas de vídeo tipo «B» ou «B especial»

30.10.08

Homologación de material de xogo do regulamento do bingo

30.13.00

Rifas, tómbolas, combinacións aleatorias e lotarías

30.23.00

Devolución, substitución ou modificación de fianzas constituídas por actividades de xogo

31.04.06

Rexistro oficial de establecementos e servizos de produtos fitosanitarios

31.04.08

Explotación de datos estatísticos oficiais incluídos neste punto

31.10.01

Expedición e/ou modificación da autorización sanitaria de funcionamento

31.19.01

Clasificación e calquera tipo de cambio ou reforma substancial respecto das condicións en que fose outorgada a clasificación de establecementos hoteleiros e extrahoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, albergues turísticos e turismo rural

31.19.05

Clasificación e calquera tipo de cambio ou reforma substancial respecto das condicións en que fose outorgada a clasificación de restaurantes, cafetarías e furanchos

31.19.06

Expedición da habilitación de guía de turismo de Galicia

31.19.07

Inscrición para participar nos exames para a habilitación de guía de turismo de Galicia

31.19.08

Renovación das habilitacións de guía de turismo de Galicia

31.27.01

Autorización de programas e centros

31.27.02

Acreditación de servizos sociais

31.41.00

Centros colaboradores para impartir cursos de formación para o emprego

31.41.02

Inscrición/acreditación de novas especialidades formativas (por cada especialidade)

32.07.19

Cambio de titularidade ou ampliación/redución nos campos de actuación dun organismo de control: o 50% do número 15

32.18.00

Autorización de instalacións de transporte e distribución de enerxía eléctrica e gas

32.36.09

Permiso/concesión de actividade en materia de acuicultura

32.39.00

Talleres de tacógrafos e de limitadores de velocidade

32.39.02

Renovación da autorización e inscrición, cambio de titularidade, cambio de situación ou cambio do responsable e/ou do técnico: sobre a tarifa anterior devengarase o 50% dela

32.55.01

Operacións de ensaio de ouro e, de ser o caso, contraste

32.55.02

Operacións de ensaio de platino e, de ser o caso, contraste

32.59.00

Informe de avaliación de ensaios clínicos con medicamentos de uso humano ou produtos sanitarios, de estudos postautorización de seguimento prospectivo e doutros estudos neste ámbito

32.59.01

Avaliación de novos ensaios clínicos, actuando o CEIC de Galicia como implicado

32.59.02

Avaliación de novos ensaios clínicos, con medicamentos ou produtos sanitarios, actuando o CEIC de Galicia como CEIC de referencia

32.59.03

Avaliación de novos estudos postautorización de seguimento prospectivo, por avaliación global

32.59.04

Modificacións relevantes aos protocolos de ensaios clínicos con medicamentos de uso humano ou produtos sanitarios aprobados

32.63.00

Dirección dos contratos de servizo en materia de augas e infraestruturas

C) Eliminando os códigos seguintes:

30.11.09

Autorización da publicidade de torneos/campionatos autorizados ou outra publicidade acorde coas regras da competencia e os usos mercantís

31.10.02

Validación sanitaria de funcionamento

32.58.01

Rexistro de control metrolóxico de fabricantes, importadores, comercializadores, arrendadores e reparadores con sede na Comunidade Autónoma de Galicia

Terceiro. Actualizar o anexo VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

Banesto.

Banco Etcheverría.

Banco Gallego.

Banco Santander.

Banco Pastor.

Banco Popular Español.

Banco Sabadell.

Banco Caixa Geral.

Banco Bilbao Vizcaya Argentaria.

Targobank, S.A. (Banco Popular Hipotecario).

Bankia (Caja Madrid).

Novagalicia Banco.

IberCaja.

Caja de Ahorros del Mediterráneo.

Caja España.

CaixaBank (La Caixa).

Caja Duero.

Caixa Rural Galega.

Caja Rural Zamora.

Cuarto. Actualizar o anexo II da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, engadindo os seguintes códigos:

35.16.01

Arquivos

35.16.02

Museos

Quinto. Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2012.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2011.

Carlos Rodríguez Sánchez
Director xeral de Tributos