Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 40775

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

DECRETO 236/2011, do 29 de decembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2012.

O Plan Galego de Estatística é, conforme o artigo 6 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da comunidade autónoma. Para o seu desenvolvemento e execución o Consello da Xunta, por proposta da conselleira de Facenda, aprobará un programa estatístico que terá a vixencia dun ano natural, conforme establece o artigo 9 da citada lei.

O Plan Galego de Estatística 2012-2016, aprobado pola Lei 8/2011, do 9 de novembro, prevé que os programas estatísticos anuais inclúan a relación de actividades estatísticas que satisfagan as súas metas de información, recollendo para cada unha delas as características que determinan os seus artigos 9 e 10. Ademais, os programas incluirán unha relación das outras actividades de interese estatístico vinculadas ás liñas de actuación salientables do artigo 6.4.

En cumprimento do disposto no artigo 9 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, o proxecto do Programa estatístico anual 2012 foi elaborado polo Instituto Galego de Estatística, logo do informe preceptivo do Consello Galego de Estatística.

En virtude de todo o anterior, por proposta da conselleira de Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de decembro de 2011,

DISPOÑO:

Artigo 1. Aprobación do Programa estatístico anual 2012.

De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, e no artigo 3.2 da Lei 8/2011, do 9 de novembro, do Plan Galego de Estatística 2012-2016, apróbase o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012. Este programa inclúe as operacións e as outras actividades estatísticas que darán cumprimento aos obxectivos do plan, realizadas polo IGE e os departamentos da Xunta que coordinarán as súas actuacións mediante os órganos estatísticos sectoriais. Nos anexos I, II, III e IV recóllense, clasifícanse e descríbense estas actividades. Así mesmo, no anexo V preséntanse as actividades de interese estatístico que se programan para cumprir os obxectivos do plan.

Artigo 2. Obxectivos informativos.

Os obxectivos informativos recollidos no artigo 6 do Plan Galego de Estatística comprenden as metas de información, a obrigada consideración da perspectiva de xénero e as liñas de actuación salientables.

1. Metas de información.

O Plan inclúe no anexo 2 as metas de información estatística, que constitúen os seus obxectivos específicos de información. Para dar cumprimento a estes obxectivos prográmanse para 2012 as operacións e as outras actividades estatísticas incluídas no anexo I deste decreto.

2. Perspectiva de xénero.

As actividades estatísticas programadas deberán ter en conta a perspectiva de xénero. As incluídas no Programa que prevexan datos sobre persoas físicas deberanse recoller e difundir por sexo. Só excepcionalmente e mediante informe motivado e aprobado polo órgano competente poderá xustificarse o incumprimento desta obriga.

3. Liñas de actuación salientables.

Dentro dos obxectivos informativos e como liñas de actuación salientables, o Plan Galego de Estatística 2012-2016 encomenda profundar na análise da demografía, da estrutura, da conxuntura e do sector exterior da economía. No anexo V do Programa figuran as actividades de interese estatístico e outras actuacións concretas que se deben realizar en 2012 para avanzar neste obxectivo de incrementar o valor da información estatística dispoñible. As actividades e actuacións concretas do anexo V están directamente vinculadas coas seguintes previstas dentro de cada liña salientable:

a) Liña de actuación salientable 1. Demografía.

– Análise dos cambios demográficos.

b) Liña de actuación salientable 2. Estrutura económica.

– Cambio de base derivado do uso da nova Clasificación nacional de actividades económicas, que afectará as actividades englobadas no sistema de contas económicas de Galicia.

– Ampliación do estudo sobre salarios, co gallo de mellorar esta actividade estatística.

– Estimación das contas de produción e explotación do sector fogares e utilización de métodos indirectos de estimación por áreas pequenas para calcular o consumo dos fogares por comarca.

– Estudo da mostra continua de vidas laborais.

– A partir do marco input-output, do sistema de contas e doutras fontes de información dispoñibles, o IGE iniciará a análise económica das cadeas e complexos produtivos de Galicia.

c) Liña de actuación salientable 3. Conxuntura económica.

– No marco da contabilidade trimestral de Galicia, estudarase a posible ampliación do número de sectores en que se ofrecerá información sobre valor engadido bruto.

– Hanse reespecificar e reestimar os modelos de predición dos principais agregados macroeconómicos.

– Ampliación da información conxuntural coa implementación da operación 35-501, indicadores de actividade e de VEB do sector servizos.

– Estudo do enlace de series temporais para conseguir series máis longas de índices ou de indicadores.

d) Liña de actuación salientable 4. Sector exterior.

– Análise das complementariedades entre as economías de Galicia e do norte de Portugal.

Artigo 3. Obxectivos organizativos.

Para dar cumprimento a estes obxectivos prográmanse en 2012 as actividades de interese estatístico incluídas no anexo V deste decreto.

Artigo 4. Obxectivos instrumentais.

Para dar cumprimento a estes obxectivos prográmanse en 2012 as actividades estatísticas incluídas no anexo I deste decreto, así como as actividades de interese estatístico incluídas no seu anexo V.

Artigo 5. Carácter das operacións estatísticas.

As operacións incluídas nos programas anuais con proxecto técnico consideraranse oficiais após a publicación dos seus resultados.

Disposición adicional.

As actividades estatísticas incluídas neste programa levaranse a efecto dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2012.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase a conselleira de Facenda para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución desta norma.

Disposición derradeira segunda.

Esta disposición entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2012.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

Anexo I. Metas de información e obxectivos instrumentais coas actividades estatísticas que os satisfán.

Anexo II. Operacións e outras actividades estatísticas por organismo responsable.

Anexo III. Descrición das operacións estatísticas.

Anexo IV. Descrición das outras actividades estatísticas.

Anexo V. Outras actividades de interese estatístico.

ANEXO I
Metas de información e actividades estatísticas que as satisfán

1 Territorio, recursos naturais e ambiente.

1.1 Territorio e recursos naturais.

1.1.1 Territorio.

11-101 Estado do planeamento urbanístico dos concellos: en implantación.

1.1.2 Oferta e demanda de solo.

1.1.3 Estradas.

11-301 Contaxe nas estradas competencia da comunidade autónoma: en curso.

1.1.4 Portos e outras infraestruturas.

1.1.5 Estática e dinámica forestal. Superficies e repoboacións.

11-501 Producións forestais: en curso (con proxecto provisional).

1.1.6 Incendios forestais.

11-601 Incendios forestais: en curso (con proxecto provisional).

1.1.7 Montes veciñais e comunidades de montes.

11-701 Explotación do rexistro de montes veciñais de man común: en curso (con proxecto provisional).

1.1.8 Caza e pesca continental.

11-801 Estatística de licenzas de pesca e caza: en implantación.

1.1.9 Recursos naturais e biodiversidade.

1. 2 Ambiente.

1.2.1 Climatoloxía.

12-101 Climatoloxía: en curso (con proxecto provisional).

1.2.2 Calidade do aire.

12-201 Calidade do aire: en curso (con proxecto provisional).

AE603 Indicadores ambientais.

1.2.3 Reservas de auga.

12-301 Reservas de auga: en curso.

1.2.4 Calidade e depuración de auga.

12-401 Sistema de información sobre calidade microbiolóxica das zonas de baño: en reestruturación.

AE603 Indicadores ambientais.

1.2.5 Residuos urbanos e industriais. Reciclaxe.

12-501 Xestión de residuos urbanos: en implantación.

AE603 Indicadores ambientais.

1.2.6 Infraccións e impacto ambiental.

1.2.7 Hábitos e prácticas ambientais.

AE603 Indicadores ambientais.

2 Sociedade.

2. 1 Poboación e fogares.

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

21-101 Indicadores demográficos: en curso.

21-102 Cifras poboacionais de referencia: en proxecto.

21-103 Sistema de indicadores de lonxevidade: en proxecto.

AE301 Explotación do movemento natural da poboación.

AE302 Explotación dos movementos migratorios.

AE308 Nomenclátor e explotación do padrón municipal de habitantes.

2.1.2 Estrutura dos fogares.

21-201 Estatística de familias numerosas: en curso (con proxecto provisional).

25-201 Enquisa de condicións de vida (ECV): en curso.

2.1.3 Dinámica dos fogares.

2.1.4 Proxeccións demográficas.

21-401 Proxeccións de poboación a curto prazo: en curso.

2. 2 Sanidade.

2.2.1 Asistencia sanitaria.

22-101 Explotación do rexistro galego de interrupcións voluntarias do embarazo: en curso (con proxecto provisional).

2.2.2 Listas de espera.

22-201 Sistema de información sobre a lista de espera cirúrxica: en curso.

2.2.3 Prestación farmacéutica.

2.2.4 Estado xeral de saúde da poboación.

22-401 Enquisa de cobertura vacinal: en curso.

2.2.5 Morbilidade.

22-501 Explotación do rexistro galego da sida: en cumprimento.

22-502 Explotación do rexistro galego de tuberculose: en curso.

22-503 Enfermidades de declaración obrigatoria: en curso (con proxecto provisional).

2.2.6 Mortalidade por causas.

22-601 Análise da mortalidade: en curso (con proxecto provisional).

22-701 Mortalidade por reacción aguda ao consumo de drogas: en cumprimento.

2.2.7 Consumo de drogas e asistencia ás persoas drogodependentes.

22-701 Mortalidade por reacción aguda ao consumo de drogas: en cumprimento.

22-702 Admisións a tratamento por consumo de substancias psicoactivas: en cumprimento.

2. 3 Educación e capital humano.

2.3.1 Ensino preobrigatorio.

23-201 Estatística do ensino non universitario en Galicia: en curso.

2.3.2 Ensino obrigatorio.

23-201 Estatística do ensino non universitario en Galicia: en curso.

2.3.3 Ensino postobrigatorio non universitario.

23-201 Estatística do ensino non universitario en Galicia: en curso.

2.3.4 Acceso á universidade. Oferta e demanda de titulacións.

23-501 Datos estatísticos do Sistema Universitario de Galicia: en curso.

2.3.5 Ensino universitario.

23-501 Datos estatísticos do Sistema Universitario de Galicia: en curso.

2.3.6 Tránsito do sistema educativo ao mercado laboral.

23-601 Inserción laboral dos titulados de formación profesional: en curso.

2.3.7 Outros tipos de formación, coa inclusión da realizada no seo das empresas.

23-701 Estatística de escolas, casas de oficio e obradoiros de emprego: en curso (con proxecto provisional).

2. 4 Traballo.

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

24-101 Datos sobre ocupacións máis contratadas: en curso.

24-102 Persoal ao servizo da Administración autonómica: en cumprimento.

24-103 Enquisa de poboación activa de Galicia (EPA): en cumprimento.

24-104 Apertura de centros de traballo: en curso (con proxecto provisional).

24-105 Centros especiais de emprego: en curso (con proxecto provisional).

AE304 Explotación das afiliacións á Seguridade Social.

AE606 Explotación do rexistro de contratos laborais.

AE607 Informe do paro rexistrado.

2.4.2 Accidentes laborais e enfermidades profesionais.

24-201 Sinistralidade laboral: en curso.

2.4.3 Accións preventivas en sinistralidade laboral.

2.4.4 Incapacidades por enfermidade.

2.4.5 Salarios.

2.4.6 Outras condicións laborais.

24-601 Empresas de traballo temporal: en curso (con proxecto provisional).

2.4.7 Flexibilidade na aplicación das condicións laborais.

2.4.8 Concertación laboral.

24-801 Conciliacións individuais e colectivas: en curso (con proxecto provisional).

AE604 Negociación colectiva.

2.4.9 Eleccións sindicais.

24-901 Eleccións sindicais: en curso (con proxecto provisional).

2.4.10 Folgas e peches patronais.

24-1001 Folgas e peches patronais: en curso (con proxecto provisional).

2.4.11 Infraccións e sancións.

24-1101 Infraccións e sancións na orde social: en curso (con proxecto provisional).

2.4.12 Regulación de emprego.

24-1201 Regulación de emprego: en curso (con proxecto provisional).

2.4.13 Persoas traballadoras estranxeiras.

24-1301 Desprazamento transnacional de persoas traballadoras: en proxecto.

2.5 Condicións sociais.

2.5.1 Ingresos e gastos dos fogares.

25-101 Enquisa conxuntural a fogares: en curso.

25-201 Enquisa de condicións de vida (ECV): en curso.

2.5.2 Benestar.

25-201 Enquisa de condicións de vida (ECV): en curso.

25-202 Indicadores de xénero: en curso.

25-203 Indicadores de cohesión social: en curso.

2.5.3 Pensións e outras prestacións.

25-602 Estatística sobre beneficiarios da Risga e das axudas de emerxencia social: en curso.

AE314 Pensións e outras prestacións.

2.5.4 Emprego do tempo.

2.5.5 Desprazamentos por razón de traballo e outros tipos de mobilidade.

25-605 Apoio á mobilidade persoal para persoas dependentes e/ou con discapacidade: en proxecto.

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

21-103 Sistema de indicadores de lonxevidade: en proxecto.

25-601 Estatística de protección de menores: en curso.

25-602 Estatística sobre beneficiarios da Risga e das axudas de emerxencia social: en curso.

25-603 Explotación do rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais: en curso.

25-604 Persoas en situación de dependencia: en proxecto.

25-605 Apoio á mobilidade persoal para persoas dependentes e/ou con discapacidade: en proxecto.

AE311 ECV. Módulo sobre a poboación dependente.

AE315 EPA. Estudo sobre a relación coa actividade da poboación xuvenil.

2.5.7 Discapacidade.

25-605 Apoio á mobilidade persoal para persoas dependentes e/ou con discapacidade: en proxecto.

25-701 Explotación do censo de persoas con discapacidade: en curso.

AE310 EPA. Módulo sobre o emprego das persoas con discapacidade.

2.5.8 Violencia de xénero.

25-801 Estatística de violencia de xénero: en curso.

2.5.9 Conciliación familiar e laboral.

2.5.10 Capital social e participación cidadá.

2.5.11 Xustiza e seguridade.

AE602 Asistencia xurídica gratuíta.

2.6 Cultura e lecer.

2.6.1 Equipamentos e recursos culturais.

26-101 Estatística de bibliotecas públicas: en curso (con proxecto provisional).

2.6.2 Equipamentos e recursos deportivos e para o lecer.

2.6.3 Hábitos e prácticas culturais.

2.6.4 Hábitos e prácticas deportivas e do lecer.

11-801 Estatística de licenzas de pesca e caza: en implantación.

2.6.5 Prácticas lingüísticas.

2.6.6 Produción e oferta audiovisual.

39-403 Conta satélite da cultura: en proxecto.

2.6.7 Outras producións e ofertas culturais.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro: en proxecto.

39-403 Conta satélite da cultura: en proxecto.

2.7 Vivenda.

2.7.1 Parque de vivendas.

2.7.2 Demanda e acceso á vivenda.

AE601 Accesibilidade á vivenda.

2.7.3 Equipamento e características das vivendas.

3 Estrutura produtiva.

3. 1 Sector agrario.

3.1.1 Superficies agrarias.

31-101 Superficies agrícolas: en curso.

3.1.2 Efectivos gandeiros.

31-201 Sector porcino industrial: en cumprimento.

31-202 Explotación do rexistro de avicultura: en curso (con proxecto provisional).

31-203 Explotación do rexistro de gando bovino: en curso.

31-204 Explotación do rexistro de ovino e cabrún: en curso (con proxecto provisional).

3.1.3 Maquinaria e outro capital agrario.

31-301 Explotación do rexistro de maquinaria agrícola: en curso (con proxecto provisional).

3.1.4 Producións e rendementos vexetais.

31-401 Rendementos de cultivos: en curso (con proxecto provisional).

3.1.5 Sacrificio de gando.

31-501 Estatística de sacrificio de gando en matadoiros: en cumprimento.

3.1.6 Produción de leite.

3.1.7 Outras producións e rendementos animais.

3.1.8 Produción ecolóxica e de calidade.

3.1.9 Características das explotacións agrarias.

AE105 Contas económicas da agricultura. Utilización de medios de produción na explotación agraria.

3.2 Pesca e acuicultura.

3.2.1 Buques pesqueiros.

32-101 Explotación do rexistro de buques pesqueiros da comunidade autónoma: en curso.

3.2.2 Establecementos de acuicultura.

3.2.3 Primeira venda de produtos pesqueiros.

32-301 Estatística da primeira venda de produtos pesqueiros frescos: en curso.

3.2.4 Características das unidades de produción.

32-401 Estatística de produción de acuicultura mariña: en curso (con proxecto provisional).

3.2.5 Ocupación no sector da pesca.

32-501 Enquisa de ocupación na pesca: en proxecto.

3.3 Enerxía e industria.

3.3.1 Produción, distribución e consumo de enerxía.

33-101 Balance enerxético: en curso.

33-201 Caracterización da xeración eléctrica do réxime especial: en curso.

3.3.2 Enerxías renovable e non renovable.

33-101 Balance enerxético: en curso.

33-201 Caracterización da xeración eléctrica do réxime especial: en curso.

3.3.3 Caracterización do subsector mineiro.

3.3.4 Subsector industrial relacionado co sector primario.

3.3.5 Outras industrias manufactureiras.

AE307 Explotación do índice de produción industrial.

3.4 Construción.

3.4.1 Edificación residencial e non residencial.

34-101 Estatística de construción de edificios: en cumprimento.

AE313 Seguimento e análise da construción.

3.4.2 Rehabilitación e recuperación do patrimonio construído.

3.4.3 Enxeñaría civil.

3. 5 Servizos de mercado.

3.5.1 Comercio interior.

3.5.2 Transporte de mercadorías e de pasaxeiros.

3.5.3 Infraestruturas turística e hostaleira.

35-301 Explotación do rexistro de empresas e actividades turísticas: en curso (con proxecto provisional).

3.5.4 Movemento de viaxeiros. Ocupación en establecementos regulamentados e non regulamentados.

35-401 Análise estatística sobre o excursionismo procedente de Asturias, León e Zamora: en curso.

35-402 Enquisa sobre o turismo en destino de Galicia: en reestruturación.

3.5.5 Servizos financeiros, servizos ás empresas e outros de mercado.

35-501 Indicadores de actividade e de VEB do sector servizos: en implantación.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro: en proxecto.

3. 6 Administración pública e outros servizos non de mercado.

3.6.1 Administración autonómica.

36-101 Indicadores da actividade económico-financeira da comunidade autónoma: en curso.

36-102 Explotación do rexistro de entidades instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia: en curso.

3.6.2 Administración local.

3.6.3 Administración universitaria.

3.6.4 Institucións sen fins de lucro.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro: en proxecto.

3.6.5 Ingresos tributarios e non tributarios.

36-501 Estatística tributaria autonómica: en curso.

AE317 Explotación estatística da información tributaria.

3.6.6 Recursos e gasto na educación.

3.6.7 Recursos e gasto na sanidade.

3.6.8 Recursos e gasto nas infraestruturas.

3.6.9 Recursos e gasto na I+D+i.

3.6.10 Recursos e gasto noutras áreas de especial interese.

3.6.11 Cooperación externa.

3. 7 Mercados e prezos.

3.7.1 Intercambios comerciais.

AE305 Explotación dos datos do comercio exterior e intracomunitario.

3.7.2 Prezos no sector primario.

37-201 Prezos agrarios: en cumprimento.

37-202 Prezos da terra: en cumprimento.

37-203 Prezos do leite: en curso.

37-204 Explotación do rexistro sobre prezos declarados polos compradores de leite: en implantación.

3.7.3 Prezos no sector da construción e da vivenda.

3.7.4 Prezos no sector externo.

37-401 Índices de valor unitario para o comercio exterior e intracomunitario: en curso.

3.7.5 Prezos no sector enerxético.

3.7.6 Prezos noutros sectores.

3.7.7 Nivel xeral de prezos.

AE309 Informe das variacións do índice de prezos de consumo.

3.7.8 Competitividade.

37-801 Índices de competitividade: en curso.

3. 8 Actividade empresarial.

3.8.1 Estrutura e caracterización do sector empresarial.

38-101 Explotación do directorio de empresas e unidades locais: en curso.

38-102 Indicadores do sector empresarial: en curso.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro: en proxecto.

3.8.2 Conxuntura empresarial.

38-201 Confianza empresarial: en curso.

3.8.3 Cooperativas, sociedades laborais e outras formas asociativas.

38-301 Cooperativas: en curso (con proxecto provisional).

38-302 Sociedades laborais: en curso (con proxecto provisional).

3.9 Sistema de contas.

3.9.1 Contas económicas.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro: en proxecto.

39-101 Contas económicas anuais: en curso.

39-102 Contas económicas trimestrais: en curso.

39-103 Contas económicas da agricultura: en cumprimento.

39-104 Estimación de macromagnitudes a nivel comarcal: en proxecto.

39-301 Contas de distribución da renda dos fogares por concellos: en curso.

39-403 Conta satélite da cultura: en proxecto.

AE105 Contas económicas da agricultura. Utilización de medios de produción na explotación agraria.

3.9.2 Marco input-output.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro: en proxecto.

39-201 Marco input-output: en curso.

3.9.3 Sectores institucionais.

39-301 Contas de distribución da renda dos fogares por concellos: en curso.

3.9.4 Contas satélites.

39-401 Conta satélite do turismo: en proxecto.

39-402 Matriz de contabilidade social: en proxecto.

39-403 Conta satélite da cultura: en proxecto.

39-404 Conta satélite de produción doméstica: en proxecto.

4 Coñecemento e tecnoloxía.

4. 1 Sociedade da información.

4.1.1 Sociedade da información nos fogares.

41-101 Sistema de indicadores da sociedade da información: en curso.

4.1.2 Sociedade da información nas empresas.

41-101 Sistema de indicadores da sociedade da información: en curso.

4.1.3 Sociedade da información nas administracións.

41-101 Sistema de indicadores da sociedade da información: en curso.

41-301 Estatística sobre a Administración electrónica na Xunta de Galicia: en curso.

41-302 Estatística da Administración electrónica nos concellos galegos: en curso.

4.1.4 Sociedade da información no sistema educativo.

4.1.5 Sociedade da información no sistema sanitario.

41-501 Situación das TIC nos centros sanitarios: en curso.

4.1.6 Sociedade da información no medio rural.

4. 2 Ciencia e tecnoloxía.

4.2.1 I+D+i nas empresas.

42-101 Situación da certificación en Galicia: en curso.

4.2.2 I+D+i nas administracións.

4.2.3 I+D+i na universidade.

4.2.4 Comercio externo de produtos tecnolóxicos.

AE316 Comercio exterior de produtos de alta tecnoloxía.

Obxectivos instrumentais e actividades estatísticas que os satisfán

a) Responder ás demandas de información deseñando a actividade estatística consonte as necesidades, ofrecendo retornos de valor e reducindo as molestias aos informantes.

b) Divulgar axeitadamente, respectando os prazos ou as datas de publicación, a información estatística de carácter oficial que teña como referencia Galicia.

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

AE204 Portal estatístico para o mundo educativo.

AE219 Observatorio da sociedade da información e da modernización de Galicia.

AE220 Observatorio da economía galega.

AE401 Anuario de estatística agraria.

AE402 Anuario de pesca.

AE404 Datos estatísticos básicos de Galicia.

AE405 Tendencias do emprego.

AE406 Anuario de estatísticas sociolaborais.

AE409 Galicia aberta: a emigración en cifras.

AE410 A enerxía en Galicia.

d) Impulsar e realizar investigación estatística, tanto nos aspectos metodolóxicos e históricos como noutros ámbitos de interese para a comunidade autónoma que contribúan a mellorar o coñecemento da súa realidade demográfica, social, económica e ambiental.

AE704 Investigación e desenvolvemento de métodos de estimación de áreas pequenas.

e) Promover a normalización, homoxeneidade e posibilidade de comparación da información proporcionada polo sistema estatístico de Galicia respecto do estatal e do europeo.

AE608 Indicadores estruturais da Unión Europea.

f) Avanzar na estruturación informática do sistema estatístico de Galicia e dos sistemas de información.

g) Contribuír ao desenvolvemento da sociedade da información, proporcionando a oferta estatística como un servizo electrónico.

AE201 Galicia en cifras.

AE202 Banco de series de conxuntura.

AE205 Banco de datos territorial.

AE218 Indicadores do mercado laboral.

AE408 A realidade da muller galega.

h) Desenvolver a referenciación territorial da información estatística e avanzar na homoxeneización da desagregación territorial das actividades realizadas.

AE203 Atlas estatístico comarcal.

AE205 Banco de datos territorial.

AE308 Nomenclátor e explotación do padrón municipal de habitantes.

AE411 Panorama rural e urbano.

i) Desenvolver marcos e directorios de unidades estatísticas.

ANEXO II
Operacións e outras actividades estatísticas por organismo responsable

– Presidencia da Xunta.

25-801 Estatística de violencia de xénero: en curso.

41-101 Sistema de indicadores da sociedade da información: en curso.

41-301 Estatística sobre a Administración electrónica na Xunta de Galicia: en curso.

41-302 Estatística da Administración electrónica nos concellos galegos: en curso.

AE219 Observatorio da sociedade da información e da modernización de Galicia.

AE409 Galicia aberta: a emigración en cifras.

– Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

AE602 Asistencia xurídica gratuíta.

– Consellería de Facenda.

24-102 Persoal ao servizo da Administración autonómica: en cumprimento.

36-101 Indicadores da actividade económico-financeira da comunidade autónoma: en curso.

36-102 Explotación do rexistro de entidades instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia: en curso.

36-501 Estatística tributaria autonómica: en curso.

AE220 Observatorio da economía galega.

– Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

11-101 Estado do planeamento urbanístico dos concellos: en implantación.

11-301 Contaxe nas estradas competencia da comunidade autónoma: en curso.

12-101 Climatoloxía: en curso (con proxecto provisional).

12-201 Calidade do aire: en curso (con proxecto provisional).

12-301 Reservas de auga: en curso.

12-501 Xestión de residuos urbanos: en implantación.

34-101 Estatística de construción de edificios: en cumprimento.

AE603 Indicadores ambientais.

– Consellería de Economía e Industria.

33-101 Balance enerxético: en curso.

33-201 Caracterización da xeración eléctrica do réxime especial: en curso.

42-101 Situación da certificación en Galicia: en curso.

AE410 A enerxía en Galicia.

– Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

23-201 Estatística do ensino non universitario en Galicia: en curso.

23-501 Datos estatísticos do Sistema Universitario de Galicia: en curso.

23-601 Inserción laboral dos titulados de formación profesional: en curso.

– Consellería de Sanidade.

12-401 Sistema de información sobre calidade microbiolóxica das zonas de baño: en reestruturación.

22-101 Explotación do rexistro galego de interrupcións voluntarias do embarazo: en curso (con proxecto provisional).

22-201 Sistema de información sobre a lista de espera cirúrxica: en curso.

22-401 Enquisa de cobertura vacinal: en curso.

22-501 Explotación do rexistro galego da sida: en cumprimento.

22-502 Explotación do rexistro galego de tuberculose: en curso.

22-503 Enfermidades de declaración obrigatoria: en curso (con proxecto provisional).

22-601 Análise da mortalidade: en curso (con proxecto provisional).

22-701 Mortalidade por reacción aguda ao consumo de drogas: en cumprimento.

22-702 Admisións a tratamento por consumo de substancias psicoactivas: en cumprimento.

41-501 Situación das TIC nos centros sanitarios: en curso.

– Consellería de Cultura e Turismo.

26-101 Estatística de bibliotecas públicas: en curso (con proxecto provisional).

35-301 Explotación do rexistro de empresas e actividades turísticas: en curso (con proxecto provisional).

35-401 Análise estatística sobre o excursionismo procedente de Asturias, León e Zamora: en curso.

35-402 Enquisa sobre o turismo en destino de Galicia: en reestruturación.

39-401 Conta satélite do turismo: en proxecto.

– Consellería de Traballo e Benestar.

21-201 Estatística de familias numerosas: en curso (con proxecto provisional).

23-701 Estatística de escolas, casas de oficio e obradoiros de emprego: en curso (con proxecto provisional).

24-101 Datos sobre ocupacións máis contratadas: en curso.

24-104 Apertura de centros de traballo: en curso (con proxecto provisional).

24-105 Centros especiais de emprego: en curso (con proxecto provisional).

24-201 Sinistralidade laboral: en curso.

24-601 Empresas de traballo temporal: en curso (con proxecto provisional).

24-801 Conciliacións individuais e colectivas: en curso (con proxecto provisional).

24-901 Eleccións sindicais: en curso (con proxecto provisional).

24-1001 Folgas e peches patronais: en curso (con proxecto provisional).

24-1101 Infraccións e sancións na orde social: en curso (con proxecto provisional).

24-1201 Regulación de emprego: en curso (con proxecto provisional).

24-1301 Desprazamento transnacional de persoas traballadoras: en proxecto.

25-601 Estatística de protección de menores: en curso.

25-602 Estatística sobre beneficiarios da Risga e das axudas de emerxencia social: en curso.

25-603 Explotación do rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais: en curso.

25-604 Persoas en situación de dependencia: en proxecto.

25-605 Apoio á mobilidade persoal para persoas dependentes e/ou con discapacidade: en proxecto.

25-701 Explotación do censo de persoas con discapacidade: en curso.

38-301 Cooperativas: en curso (con proxecto provisional).

38-302 Sociedades laborais: en curso (con proxecto provisional).

AE218 Indicadores do mercado laboral.

AE405 Tendencias do emprego.

AE406 Anuario de estatísticas sociolaborais.

AE604 Negociación colectiva.

AE606 Explotación do rexistro de contratos laborais.

AE607 Informe do paro rexistrado.

– Consellería do Medio Rural.

11-501 Producións forestais: en curso (con proxecto provisional).

11-601 Incendios forestais: en curso (con proxecto provisional).

11-701 Explotación do rexistro de montes veciñais de man común: en curso (con proxecto provisional).

11-801 Estatística de licenzas de pesca e caza: en implantación.

31-101 Superficies agrícolas: en curso.

31-201 Sector porcino industrial: en cumprimento.

31-202 Explotación do rexistro de avicultura: en curso (con proxecto provisional).

31-203 Explotación do rexistro de gando bovino: en curso.

31-204 Explotación do rexistro de ovino e cabrún: en curso (con proxecto provisional).

31-301 Explotación do rexistro de maquinaria agrícola: en curso (con proxecto provisional).

31-401 Rendementos de cultivos: en curso (con proxecto provisional).

31-501 Estatística de sacrificio de gando en matadoiros: en cumprimento.

37-201 Prezos agrarios: en cumprimento.

37-202 Prezos da terra: en cumprimento.

37-203 Prezos do leite: en curso.

37-204 Explotación do rexistro sobre prezos declarados polos compradores de leite: en implantación.

39-103 Contas económicas da agricultura: en cumprimento.

AE105 Contas económicas da agricultura. Utilización de medios de produción na explotación agraria.

AE401 Anuario de estatística agraria.

– Consellería do Mar.

32-101 Explotación do rexistro de buques pesqueiros da comunidade autónoma: en curso.

32-301 Estatística da primeira venda de produtos pesqueiros frescos: en curso.

32-401 Estatística de produción de acuicultura mariña: en curso (con proxecto provisional).

32-501 Enquisa de ocupación na pesca: en proxecto.

AE402 Anuario de pesca.

– Instituto Galego de Estatística.

21-101 Indicadores demográficos: en curso.

21-102 Cifras poboacionais de referencia: en proxecto.

21-103 Sistema de indicadores de lonxevidade: en proxecto.

21-401 Proxeccións de poboación a curto prazo: en curso.

24-103 Enquisa de poboación activa de Galicia (EPA): en cumprimento.

25-101 Enquisa conxuntural a fogares: en curso.

25-201 Enquisa de condicións de vida (ECV): en curso.

25-202 Indicadores de xénero: en curso.

25-203 Indicadores de cohesión social: en curso.

34-101 Estatística de construción de edificios: en cumprimento.

35-501 Indicadores de actividade e de VEB do sector servizos: en implantación.

37-401 Índices de valor unitario para o comercio exterior e intracomunitario: en curso.

37-801 Índices de competitividade: en curso.

38-101 Explotación do directorio de empresas e unidades locais: en curso.

38-102 Indicadores do sector empresarial: en curso.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro: en proxecto.

38-201 Confianza empresarial: en curso.

39-101 Contas económicas anuais: en curso.

39-102 Contas económicas trimestrais: en curso.

39-104 Estimación de macromagnitudes a nivel comarcal: en proxecto.

39-201 Marco input-output: en curso.

39-301 Contas de distribución da renda dos fogares por concellos: en curso.

39-402 Matriz de contabilidade social: en proxecto.

39-403 Conta satélite da cultura: en proxecto.

39-404 Conta satélite de produción doméstica: en proxecto.

AE201 Galicia en cifras. Anuario.

AE202 Banco de series de conxuntura.

AE203 Atlas estatístico comarcal.

AE204 Portal estatístico para o mundo educativo.

AE205 Banco de datos territorial.

AE220 Observatorio da economía galega.

AE301 Explotación do movemento natural da poboación.

AE302 Explotación dos movementos migratorios.

AE304 Explotación das afiliacións á Seguridade Social.

AE305 Explotación dos datos do comercio exterior e intracomunitario.

AE307 Explotación do índice de produción industrial.

AE308 Nomenclátor e explotación do padrón municipal de habitantes.

AE309 Informe das variacións do índice de prezos de consumo.

AE310 EPA. Módulo sobre o emprego das persoas con discapacidade.

AE311 ECV. Módulo sobre a poboación dependente.

AE313 Seguimento e análise da construción.

AE314 Pensións e outras prestacións.

AE315 EPA. Estudo sobre a relación coa actividade da poboación xuvenil.

AE316 Comercio exterior de produtos de alta tecnoloxía.

AE317 Explotación estatística da información tributaria.

AE404 Datos estatísticos básicos de Galicia.

AE408 A realidade da muller galega.

AE411 Panorama rural e urbano.

AE601 Accesibilidade á vivenda.

AE605 Indicadores de contexto do Plan Estratéxico.

AE608 Indicadores estruturais da Unión Europea.

AE704 Investigación e desenvolvemento de métodos de estimación de áreas pequenas.

ANEXO III
Descrición das operacións estatísticas

11-101 Estado do planeamento urbanístico dos concellos.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.1.1 Territorio.

Obxectivos concretos:

Coñecer as principais características –fase en que se atopa, ano de inicio, ano de aprobación, etc.– dos planeamentos urbanísticos municipais.

Estado: en implantación.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: planeamento urbanístico municipal.

Territorial: concellos.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

11-301 Contaxe nas estradas competencia da comunidade autónoma.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Infraestruturas. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.1.3 Estradas.

Obxectivos concretos:

Coñecer o tránsito nas estradas que son competencia da comunidade autónoma.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: estradas competencia da comunidade autónoma.

Territorial: estacións de medición do tráfico.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 52.500 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase en papel, en CD e na internet en abril de 2012.

11-501 Producións forestais.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.1.5 Estática e dinámica forestal. Superficies e repoboacións.

Obxectivos concretos:

Coñecer as cortas de madeira (m3) por especies e provincias na comunidade autónoma.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: madeira producida na comunidade.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en decembro de 2012.

11-601 Incendios forestais.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.1.6 Incendios forestais.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número de incendios forestais, a superficie e as especies arbóreas afectadas e a superficie queimada.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: lumes forestais.

Territorial: distritos forestais.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en outubro de 2012.

11-701 Explotación do rexistro de montes veciñais de man común.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.1.7 Montes veciñais e comunidades de montes.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información estatística dos montes veciñais en man común especificando superficie declarada, número de parcelas.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: montes veciñais en man común rexistrados.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en decembro de 2012.

11-801 Estatística de licenzas de pesca e caza.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.1.8 Caza e pesca continental.

2.6.4 Hábitos e prácticas deportivas e do lecer.

Obxectivos concretos:

Explotar estatisticamente os datos obtidos a partir das licencias de caza e pesca outorgadas polo departamento.

Responsable.

Estado: en implantación.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: licenzas de caza e pesca en augas continentais.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

12-101 Climatoloxía.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.2.1 Climatoloxía.

Obxectivos concretos:

Coñecer os datos climatolóxicos significativos de Galicia.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: estacións meteorolóxicas e climatolóxicas.

Territorial: estacións meteorolóxicas e climatolóxicas.

Periodicidade:

Regular: continua.

Orzamento aproximado: 88.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en setembro de 2012.

12-201 Calidade do aire.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.2.2 Calidade do aire.

Obxectivos concretos:

Coñecer o nivel de contaminantes na atmosfera.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: estacións de medición.

Territorial: estacións de medición da calidade do aire.

Periodicidade:

Regular: diaria.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en marzo de 2012.

12-301 Reservas de auga.

Organismo responsable:

Augas de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.2.3 Reservas de auga.

Obxectivos concretos:

Obter información sobre o volume de auga nas bacías de Galicia-Costa e da ocupación dos encoros.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: encoros situados nas bacías Galicia-Costa.

Territorial: encoro.

Periodicidade:

Regular: semanal.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet os datos correspondentes a cada luns.

12-401 Sistema de información sobre calidade microbiolóxica das zonas de baño.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.2.4 Calidade e depuración de auga.

Obxectivos concretos:

Coñecer a calidade microbiolóxica das augas de uso recreativo en Galicia.

Estado: en reestruturación.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: zonas de baño marítimas e continentais.

Territorial: zonas de baño.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 500 euros.

12-501 Xestión de residuos urbanos.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.2.5 Residuos urbanos e industriais. Reciclaxe.

Obxectivos concretos:

Coñecer o nivel de xestión integral dos residuos urbanos.

Estado: en implantación.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: residuos urbanos.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

21-101 Indicadores demográficos.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

Obxectivos concretos:

Definir, elaborar e manter un sistema de indicadores demográficos que ofreza unha imaxe de síntese sobre a situación demográfica nos distintos ámbitos territoriais.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: poboación residente na comunidade autónoma.

Territorial: concellos.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundirase na internet en varias datas segundo o permitan as fontes.

21-102 Cifras poboacionais de referencia.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

Obxectivos concretos:

Ofrecer cifras poboacionais de referencia con nivel de desagregación municipal.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

Poboacional: poboación residente en Galicia.

Territorial: concellos.

21-103 Sistema de indicadores de lonxevidade.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

Obxectivos concretos:

Caracterizar o colectivo de persoas maiores, proporcionando información específica en distintos ámbitos: estrutura de poboación, mercado laboral, formación, atención médica, etc.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

Poboacional: persoas maiores.

Territorial: concellos.

21-201 Estatística de familias numerosas.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Política Social. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.2 Estrutura dos fogares.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e as principais características –categorías, tipoloxía dos/as fillos/as, idade dos cónxuxes e fillos/as, situación laboral e estado civil do titular– das familias numerosas.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: familias numerosas.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en decembro de 2012.

21-401 Proxeccións de poboación a curto prazo.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.4 Proxeccións demográficas.

Obxectivos concretos:

Estimar a evolución da poboación galega a curto prazo con base na información demográfica dispoñible.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: poboación residente na comunidade autónoma.

Territorial: grupo de comarcas.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Actualizaranse os resultados na internet en decembro de 2012.

22-101 Explotación do rexistro galego de interrupcións voluntarias do embarazo.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.1 Asistencia sanitaria.

Obxectivos concretos:

Coñecer a frecuencia e as características das interrupcións voluntarias do embarazo realizadas polas mulleres que residen en Galicia.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: interrupcións voluntarias do embarazo.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2010 difundirase na internet en maio de 2012.

22-201 Sistema de información sobre a lista de espera cirúrxica.

Organismo responsable:

Servizo Galego de Saúde. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.2 Listas de espera.

Obxectivos concretos:

Dar información cuantitativa sobre o número de pacientes e tempo de espera nos centros do Servizo Galego de Saúde.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: poboación residente na comunidade autónoma.

Territorial: complexos hospitalarios.

Periodicidade:

Regular: trimestral.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O cuarto trimestre de 2011 difundirase na internet en xaneiro de 2012.

O primeiro trimestre de 2012 difundirase na internet en abril de 2012.

O segundo trimestre de 2012 difundirase na internet en xullo de 2012.

O terceiro trimestre de 2012 difundirase na internet en setembro de 2012.

22-401 Enquisa de cobertura vacinal.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.4 Estado xeral de saúde da poboación.

Obxectivos concretos:

Coñecer de xeito periódico a porcentaxe de poboación galega vacinada nas diferentes idades establecidas nos programas de vacinación.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: menores residentes en Galicia.

Territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: responsable do menor.

Periodicidade:

Regular: bienal.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet no segundo semestre de 2012.

22-501 Explotación do rexistro galego da sida.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.5 Morbilidade.

Obxectivos concretos:

Describir a incidencia, evolución e características da síndrome de inmunodeficiencia adquirida.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: casos de sida, isto é, casos de infección por VIH manifestada clinicamente por unha ou máis das enfermidades indicativas da sida.

Territorial: complexos hospitalarios.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 750 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en novembro de 2012.

22-502 Explotación do rexistro galego de tuberculose.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.5 Morbilidade.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número de casos, incidencia, evolución e características da tuberculose.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: casos de tuberculose.

Territorial: unidade de tuberculose (UTB).

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 750 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en novembro de 2012.

22-503 Enfermidades de declaración obrigatoria.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.5 Morbilidade.

Obxectivos concretos:

Coñecer a incidencia das enfermidades de declaración obrigatoria en Galicia.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: enfermidades de declaración obrigatoria.

Territorial: concellos.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2010 difundirase na internet en maio de 2011.

22-601 Análise da mortalidade.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.6 Mortalidade por causas.

Obxectivos concretos:

Coñecer a causa da morte dos residentes en Galicia.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: defuncións de residentes na comunidade.

Territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: médico que certifica a morte e persoa que inscribe no Rexistro Civil a defunción.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2010 difundirase na internet en novembro de 2012.

22-701 Mortalidade por reacción aguda ao consumo de drogas.

Organismo responsable:

Servizo Galego de Saúde. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.6 Mortalidade por causas.

2.2.7 Consumo de drogas e asistencia ás persoas drogodependentes.

Obxectivos concretos:

Analizar a mortalidade real logo da reacción aguda por consumo de drogas e as características desa morte –circunstancias en que se produciu, substancias que causaron a morte, etc.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: falecidos por reacción aguda a substancias psicoactivas.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 50.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en xullo de 2012.

22-702 Admisións a tratamento por consumo de substancias psicoactivas.

Organismo responsable:

Servizo Galego de Saúde. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.7 Consumo de drogas e asistencia ás persoas drogodependentes.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número de persoas admitidas a tratamento ambulatorio por abuso ou dependencia de substancias psicoactivas.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: pacientes drogodependentes dos centros da rede do Plan Galego de Drogas.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 209.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en decembro de 2012.

23-201 Estatística do ensino non universitario en Galicia.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.3.1 Ensino preobrigatorio.

2.3.2 Ensino obrigatorio.

2.3.3 Ensino postobrigatorio non universitario.

Obxectivos concretos:

Amosar os aspectos máis significativos –centros, alumnos e profesores– da educación non universitaria. Coñecer a situación dos centros educativos públicos e privados no referente á implantación neles das novas tecnoloxías.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: centros de ensino non universitario.

Territorial: provincias.

Persoa obrigada a subministrar información: centro educativo.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 62.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

Os datos referidos ao curso 2011/2012 difundiranse en papel e na internet en setembro de 2012.

23-501 Datos estatísticos do Sistema Universitario de Galicia.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Universidades. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.3.4 Acceso á universidade. Oferta e demanda de titulacións.

2.3.5 Ensino universitario.

Obxectivos concretos:

Amosar e recompilar os aspectos máis significativos da educación universitaria en Galicia. Recompilar, sintetizar e difundir a información derivada das probas de acceso á universidade.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: alumnos matriculados e alumnos graduados nas universidades galegas.

Territorial: campus universitario.

Persoa obrigada a subministrar información: alumno ao matricularse.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 4.400 euros.

Forma e prazos de difusión:

O curso 2010/2011 difundirase na internet en setembro e en papel en decembro de 2012.

23-601 Inserción laboral dos titulados de formación profesional.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.3.6 Tránsito do sistema educativo ao mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Coñecer a situación laboral e as vías de adquisición de emprego dos titulados da formación profesional transcorrido un tempo desde o remate dos seus estudos.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: titulados en FP.

Territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: persoa titulada en formación profesional.

Periodicidade:

Regular: bienal.

Orzamento aproximado: 50.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

Os resultados referidos ao curso 2009/2010 difundiranse na internet en setembro do ano 2012.

23-701 Estatística de escolas, casas de oficio e obradoiros de emprego.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Promoción do Emprego. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.3.7 Outros tipos de formación, coa inclusión da realizada no seo das empresas.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e características dese tipo de centros e do seu alumnado.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: escolas, casas de oficio e obradoiros de emprego.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 23.500 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase en papel en setembro de 2012.

24-101 Datos sobre ocupacións máis contratadas.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Formación e Colocación. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Dar unha información descritiva das ocupacións máis destacadas polo seu volume contractual no mercado laboral galego.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: contratos laborais rexistrados.

Territorial: comarcas.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en xullo de 2012.

24-102 Persoal ao servizo da Administración autonómica.

Organismo responsable:

Dirección Xeral da Función Pública. Consellería de Facenda.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre o persoal ao servizo da Administración autonómica.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: persoal ao servizo da Administración autonómica.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en febreiro de 2012.

24-103 Enquisa de poboación activa de Galicia (EPA).

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Obter as principais características da poboación en relación coa actividade no ámbito de Galicia, a partir da mostra.ampliada no seu conxunto da EPA.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: poboación residente en vivendas familiares principais.

Territorial: provincias.

Persoa obrigada a subministrar información: persoa.

Periodicidade:

Regular: trimestral.

Orzamento aproximado: 370.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O cuarto trimestre de 2011 difundirase na internet o 27 de xaneiro de 2012.

O primeiro trimestre de 2012 difundirase na internet o 27 de abril de 2012.

O segundo trimestre de 2012 difundirase na internet o 27 de xullo de 2012.

O terceiro trimestre de 2012 difundirase na internet o 26 de outubro de 2012.

24-104 Apertura de centros de traballo.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Relacións Laborais. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Obter información sobre as aperturas de centros de traballo ou de reinicio de actividade despois de efectuar alteracións, ampliacións ou transformacións de importancia.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: centros de traballo de nova creación, continuación da actividade, cambio de actividade e traslado.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 250 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en agosto de 2012.

24-105 Centros especiais de emprego.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Relacións Laborais. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número de centros especiais de emprego segundo as súas principais características.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: centros especiais de emprego con domicilio social na comunidade autónoma.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 2.500 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en outubro de 2012.

24-201 Sinistralidade laboral.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.2 Accidentes laborais e enfermidades profesionais.

Obxectivos concretos:

Obter información sobre os accidentes laborais con baixa e das enfermidades profesionais segundo as características do accidente-enfermidade, das empresas e dos traballadores.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: accidentes en xornada de traballo con baixa e enfermidades profesionais con baixa.

Territorial: concellos.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 6.900 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase en papel, CD e na internet en xuño de 2012.

24-601 Empresas de traballo temporal.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Relacións Laborais. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.6 Outras condicións laborais.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e as principais características das empresas de traballo temporal.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: empresas de traballo temporal con domicilio na comunidade autónoma.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 250 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en agosto de 2012.

24-801 Conciliacións individuais e colectivas.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Relacións Laborais. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.8 Concertación laboral.

Obxectivos concretos:

Obter información das conciliacións individuais e colectivas segundo as características destas –motivación, resolución, etc.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: conciliacións e mediacións entre empresarios e traballadores.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 250 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en agosto de 2012.

24-901 Eleccións sindicais.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Relacións Laborais. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.9 Eleccións sindicais.

Obxectivos concretos:

Coñecer de xeito detallado os resultados das eleccións sindicais en Galicia.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: eleccións sindicais.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 250 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en agosto de 2012.

24-1001 Folgas e peches patronais.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Relacións Laborais. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.10 Folgas e peches patronais.

Obxectivos concretos:

Obter información sobre as folgas e os peches patronais segundo as súas características, dos traballadores e xornadas non traballadas.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: folgas e peches patronais no ámbito da comunidade autónoma.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 250 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en agosto de 2012.

24-1101 Infraccións e sancións na orde social.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Relacións Laborais. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.11 Infraccións e sancións.

Obxectivos concretos:

Obter información sobre as actas de infraccións levantadas pola Inspección de Traballo en Galicia.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: actas de infracción levantadas pola Inspección de Traballo e Seguridade Social na comunidade autónoma en materia de traballo e en materia de seguridade e saúde laboral.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 250 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en agosto de 2012.

24-1201 Regulación de emprego.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Relacións Laborais. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.12 Regulación de emprego.

Obxectivos concretos:

Coñecer os expedientes e o número de traballadores afectados por medidas de regulación de emprego.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: expedientes de regulación de emprego tramitados na comunidade autónoma.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 250 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en agosto de 2012.

24-1301 Desprazamento transnacional de persoas traballadoras.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Relacións Laborais. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.13 Persoas traballadoras estranxeiras.

Obxectivos concretos:

Coñecer os desprazamentos de persoas traballadoras no marco dunha prestación transnacional.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

Poboacional: desprazamento de persoas traballadoras no marco dunha prestación transnacional.

Territorial: Galicia.

25-101 Enquisa conxuntural a fogares.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.1 Ingresos e gastos dos fogares.

Obxectivos concretos:

Estudar o comportamento dos fogares galegos como consumidores, nos seus plans de gasto en servizos, bens de consumo duradeiro, etc. segundo as principais variables sociodemográficas. Esta enquisa permite obter o índice de confianza do consumidor, indicador resumo que ten como finalidade obter un rápido coñecemento dos cambios na percepción que teñen os consumidores sobre a súa situación económica persoal e que influirá nos seus plans de gasto.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: fogares residentes en vivendas familiares.

Territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: fogar.

Periodicidade:

Regular: trimestral.

Orzamento aproximado: 47.800 euros.

Forma e prazos de difusión:

O cuarto trimestre de 2011 difundirase na internet o 13 de xaneiro de 2012.

O primeiro trimestre de 2012 difundirase na internet o 13 de abril de 2012.

O segundo trimestre de 2012 difundirase na internet o 13 de xullo de 2012.

O terceiro trimestre de 2012 difundirase na internet o 11 de outubro de 2012.

25-201 Enquisa de condicións de vida (ECV).

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.2 Estrutura dos fogares.

2.5.1 Ingresos e gastos dos fogares.

2.5.2 Benestar.

Obxectivos concretos:

Analizar e describir as principais características dos fogares galegos, en canto á súa composición demográfica e á súa situación económica.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: fogares residentes en vivendas familiares principais.

Territorial: grupo de comarcas.

Persoa obrigada a subministrar información: fogar e persoa.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 506.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en decembro de 2012.

25-202 Indicadores de xénero.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.2 Benestar.

Obxectivos concretos:

Elaborar un conxunto de indicadores que permitan analizar as diferenzas entre xéneros existentes nos diferentes ámbitos da sociedade.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: poboación residente en Galicia.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet os resultados referidos a diferentes datas en decembro de 2012.

25-203 Indicadores de cohesión social.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.2 Benestar.

Obxectivos concretos:

Ofrecer para Galicia os indicadores estruturais de cohesión social definidos por Eurostat.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: fogares residentes en vivendas familiares principais.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet en varias datas a medida que o permitan as fontes.

25-601 Estatística de protección de menores.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Política Social. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

Obxectivos concretos:

Coñecer as magnitudes e principais características dos nenos, nenas e adolescentes en situación de risco ou desamparo, incluídos no sistema de protección de menores da Xunta de Galicia, e das súas familias.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección e as súas familias.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en decembro de 2012.

25-602 Estatística sobre beneficiarios da Risga e das axudas de emerxencia social.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Política Social. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.3 Pensións e outras prestacións.

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

Obxectivos concretos:

Presentar o número e evolución dos beneficiarios da Risga e das axudas para situacións de emerxencia social, o orzamento executado e o perfil dos beneficiarios das referidas prestacións.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: beneficiarios da Risga e das axudas de emerxencia social.

Territorial: concellos.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en marzo de 2012.

25-603 Explotación do rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

Obxectivos concretos:

Coñecer as entidades, programas e centros relacionados cos servizos sociais recollidos nos rexistros administrativos xestionados pola Administración autonómica.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: entidades prestadoras de servizos sociais.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en decembro de 2012.

25-604 Persoas en situación de dependencia.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Política Social. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e as características das persoas en situación de dependencia.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

Poboacional: persoas en situación de dependencia.

Territorial: Galicia.

25-605 Apoio á mobilidade persoal para persoas dependentes ou con discapacidade.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Política Social. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.5 Desprazamentos por razón de traballo e outros tipos de mobilidade.

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

2.5.7 Discapacidade.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e as características dos usuarios do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal e persoas dependentes ou con discapacidade.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

Poboacional: persoas dependentes ou con discapacidade.

Territorial: Galicia.

25-701 Explotación do censo de persoas con discapacidade.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Política Social. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.7 Discapacidade.

Obxectivos concretos:

Coñecer as principais características da poboación que ten recoñecida a discapacidade.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: persoas con discapacidade.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en abril de 2012.

25-801 Estatística de violencia de xénero.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral da Igualdade. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.8 Violencia de xénero.

Obxectivos concretos:

Difundir información estatística sobre as prestacións e demais axudas dirixidas ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: axudas, prestacións e acreditacións dirixidas ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: semestral.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O segundo semestre do ano 2011 e o total deste ano difundiranse na internet en febreiro de 2012.

O primeiro semestre do ano 2012 difundirase na internet en agosto de 2012.

26-101 Estatística de bibliotecas públicas.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura. Consellería de Cultura e Turismo.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.6.1 Equipamentos e recursos culturais.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información do equipamento físico e humano dos diferentes tipos de bibliotecas.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: bibliotecas públicas.

Territorial: concellos.

Persoa obrigada a subministrar información: biblioteca.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en decembro de 2012.

31-101 Superficies agrícolas.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.1 Superficies agrarias.

Obxectivos concretos:

Determinar os usos do solo e as superficies ocupadas polos cultivos agrícolas.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: cultivos agrícolas.

Territorial: comarcas.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 102.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en setembro de 2012.

31-201 Sector porcino industrial.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.2 Efectivos gandeiros.

Obxectivos concretos:

Recoller e difundir as principais características do sector porcino industrial –efectivos e explotacións– na comunidade.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: explotacións de porcino industriais.

Territorial: provincias.

Persoa obrigada a subministrar información: explotación.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 11.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en setembro de 2012.

31-202 Explotación do rexistro de avicultura.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.2 Efectivos gandeiros.

Obxectivos concretos:

Obter o número de efectivos avícolas por tipoloxías así coma os datos das explotacións por actividades.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: explotacións avícolas.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 1.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundiranse na internet en setembro de 2012.

31-203 Explotación do rexistro de gando bovino.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.2 Efectivos gandeiros.

Obxectivos concretos:

Obter o número de efectivos de gando bovino por tipoloxías e razas, así como os datos das explotacións e as súas dimensións.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: explotacións de gando bovino.

Territorial: concellos.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 1.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en setembro de 2012.

31-204 Explotación do rexistro de ovino e cabrún.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.2 Efectivos gandeiros.

Obxectivos concretos:

Obter o número de explotacións e efectivos de gando ovino e cabrún por tipoloxías e actividades, así como os datos das súas dimensións e capacidades produtivas.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: explotacións de gando ovino e cabrún.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 1.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en setembro de 2012.

31-301 Explotación do rexistro de maquinaria agrícola.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.3 Maquinaria e outro capital agrario.

Obxectivos concretos:

Determinar a cantidade de efectivos de maquinaria agraria en uso por tipoloxías e categorías.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: máquinas inscritas no rexistro de maquinaria agrícola.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 1.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundiranse na internet en setembro de 2012.

31-401 Rendementos de cultivos.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.4 Producións e rendementos vexetais.

Obxectivos concretos:

Obter os rendementos e producións dos cultivos con maior incidencia na renda agraria galega.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: cultivos agrícolas.

Territorial: provincias.

Persoa obrigada a subministrar información: explotación, cooperativas….

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 12.800 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en setembro de 2012.

31-501 Estatística de sacrificio de gando en matadoiros.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.5 Sacrificio de gando.

Obxectivos concretos:

Obter os datos de sacrificio de gando nos matadoiros da comunidade autónoma e o destino desta carne.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: matadoiros.

Territorial: provincias.

Persoa obrigada a subministrar información: matadoiro.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 11.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2010 difundirase na internet en setembro de 2012.

32-101 Explotación do rexistro de buques pesqueiros da comunidade autónoma.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica. Consellería do Mar.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.2.1 Buques pesqueiros.

Obxectivos concretos:

Coñecer as características –actividade, artes empregadas, zonas xeográficas de pesca, capacidade de pesca (CV) e capacidade de almacenamento (GT)– da flota pesqueira con base nos portos da comunidade autónoma.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: buques pesqueiros con base nos portos na comunidade autónoma.

Territorial: zonas de produción pesqueira e marisqueira.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 2.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase en papel e na internet en marzo de 2012.

32-301 Estatística da primeira venda de produtos pesqueiros frescos.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica. Consellería do Mar.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.2.3 Primeira venda de produtos pesqueiros.

Obxectivos concretos:

Obter os datos de primeira venda dos produtos pesqueiros frescos nas lonxas ou centros de primeira venda autorizados.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: primeira venda de produtos pesqueiros frescos.

Territorial: lonxa, centro de venda ou establecemento autorizado de primeira venda de pesca fresca.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 6.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase en papel en xuño de 2012.

32-401 Estatística de produción de acuicultura mariña.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica. Consellería do Mar.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.2.4 Características das unidades de produción.

Obxectivos concretos:

Obter os datos de produción dos establecementos de acuicultura mariña da comunidade autónoma.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: establecementos de cultivos mariños.

Territorial: distrito marítimo.

Persoa obrigada a subministrar información: establecemento.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 2.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase en papel en xuño de 2012.

32-501 Enquisa de ocupación na pesca.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica. Consellería do Mar.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.2.5 Ocupación no sector da pesca.

Obxectivos concretos:

Coñecer a ocupación nas unidades de pesca con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia. Coñecer a ocupación nas unidades de acuicultura radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia. Coñecer a ocupación no marisqueo da Comunidade Autónoma de Galicia. Avaliar a produción e as características económicas das unidades de produción da pesca extractiva e da acuicultura.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

Poboacional: persoas ocupadas na pesca.

Territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: armador ou propietario do buque e responsable das explotacións de acuicultura.

33-101 Balance enerxético.

Organismo responsable:

Instituto Enerxético de Galicia (Inega). Consellería de Economía e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.3.1 Produción, distribución e consumo de enerxía.

3.3.2 Enerxías renovable e non renovable.

Obxectivos concretos:

Coñecer e analizar a distribución da enerxía importada, xerada e consumida en Galicia, así como das distintas.

transformacións ata o seu consumo e a súa exportación.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: produtos enerxéticos importados, xerados, transformados, consumidos e exportados en Galicia.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 13.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase en papel e na internet en decembro de 2012.

33-201 Caracterización da xeración eléctrica do réxime especial.

Organismo responsable:

Instituto Enerxético de Galicia (Inega). Consellería de Economía e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.3.1 Produción, distribución e consumo de enerxía.

3.3.2 Enerxías renovable e non-renovable.

Obxectivos concretos:

Analizar a distribución da enerxía eléctrica vertida á rede polas centrais de réxime especial.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: centrais en réxime especial de potencia superior a 1 MW.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: mensual.

Orzamento aproximado: 7.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

Os resultados referidos a un mes difundiranse na internet ao mes seguinte.

34-101 Estatística de construción de edificios.

Organismo responsable:

Instituto Galego da Vivenda e Solo. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.4.1 Edificación residencial e non residencial.

Obxectivos concretos:

Coñecer a evolución da actividade da construción e rehabilitación de edificios residenciais e non residenciais.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: licenzas concedidas para obras de edificación.

Territorial: concellos.

Persoa obrigada a subministrar información: promotor inmobiliario ou técnico responsable da obra no seu nome.

Periodicidade:

Regular: mensual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

A información referida a outubro de 2011 difundirase na internet o 31 de xaneiro de 2012.

A información referida a novembro de 2011 difundirase na internet o 29 de febreiro de 2012.

A información referida a decembro de 2011 difundirase na internet o 30 de marzo de 2012.

A información referida a xaneiro de 2012 difundirase na internet o 30 de abril de 2012.

A información referida a febreiro de 2012 difundirase na internet o 31 de maio de 2012.

A información referida a marzo de 2012 difundirase na internet o 29 de xuño de 2012.

A información referida a abril de 2012 difundirase na internet o 31 de xullo de 2012.

A información referida a maio de 2012 difundirase na internet o 31 de agosto de 2012.

A información referida a xuño de 2012 difundirase na internet o 28 de setembro de 2012.

A información referida a xullo de 2012 difundirase na internet o 31 de outubro de 2012.

A información referida a agosto de 2012 difundirase na internet o 30 de novembro de 2012.

A información referida a setembro de 2012 difundirase na internet o 28 de decembro de 2012.

35-301 Explotación do rexistro de empresas e actividades turísticas.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral para o Turismo. Consellería de Cultura e Turismo.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.5.3 Infraestruturas turística e hostaleira.

Obxectivos concretos:

Coñecer o mercado turístico de Galicia desde o lado da oferta –número e evolución dos establecementos turísticos por grupos e categorías-.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: establecementos inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT).

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 17.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase en papel e CD en xullo de 2012.

35-401 Análise estatística sobre o excursionismo procedente de Asturias, León e Zamora.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral para o Turismo. Consellería de Cultura e Turismo.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.5.4 Movemento de viaxeiros. Ocupación en establecementos regulamentados e non regulamentados.

Obxectivos concretos:

Cuantificar o número de excursións a Galicia realizadas por individuos de 16 e máis anos procedentes de Asturias, León e Zamora.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: persoas que visitan Galicia entrando e saíndo no día.

Territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: persoa.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 40.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en xuño de 2012.

35-402 Enquisa sobre o turismo en destino de Galicia.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral para o Turismo. Consellería de Cultura e Turismo.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.5.4 Movemento de viaxeiros. Ocupación en establecementos regulamentados e non regulamentados.

Obxectivos concretos:

Coñecer o perfil do turista que visita Galicia no período estival e a distribución do gasto que efectúa.

Estado: en reestruturación.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: persoas maiores de 16 anos que pasan polo menos unha noite fóra do seu domicilio habitual.

Territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: persoa.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 125.000 euros.

35-501 Indicadores de actividade e de VEB do sector servizos.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.5.5 Servizos financeiros, servizos ás empresas e outros de mercado.

Obxectivos concretos:

Analizar a conxuntura da actividade económica no sector servizos en Galicia, no marco dun sistema integrado de contas económicas.

Estado: en implantación.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: servizos de mercado non financeiros.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: mensual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

36-101 Indicadores da actividade económico-financeira da comunidade autónoma.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral e do Patrimonio. Consellería de Facenda.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.6.1 Administración autonómica.

Obxectivos concretos:

Amosar a situación e a evolución dunha serie de indicadores de síntese das operacións realizadas pola Administración autonómica durante un período de tempo determinado.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: Administración xeral e organismos autónomos da comunidade autónoma.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: trimestral.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O terceiro trimestre de 2011 difundirase na internet en xaneiro de 2012.

O cuarto trimestre de 2011 difundirase na internet en abril de 2012.

O primeiro trimestre de 2012 difundirase na internet en xullo de 2012.

O segundo trimestre de 2012 difundirase na internet en outubro de 2012.

36-102 Explotación do rexistro de entidades instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral e do Patrimonio. Consellería de Facenda.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.6.1 Administración autonómica.

Obxectivos concretos:

Recoller, sistematizar e analizar a información básica destes organismos que integran o rexistro de entidades instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: sector institucional da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (segundo o SEC-95).

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en decembro de 2012.

36-501 Estatística tributaria autonómica.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral e do Patrimonio. Consellería de Facenda.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.6.5 Ingresos tributarios e non tributarios.

Obxectivos concretos:

Compilar e sintetizar os datos dos tributos recadados na comunidade autónoma.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: Administración xeral e organismos autónomos da comunidade autónoma.

Territorial: delegacións territoriais.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en decembro de 2012.

37-201 Prezos agrarios.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.2 Prezos no sector primario.

Obxectivos concretos:

Estimar os principais valores dos prezos agrarios percibidos e pagados polos agricultores.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: principais produtos agrarios, forestais e gandeiros.

Territorial: provincias.

Persoa obrigada a subministrar información: explotación agraria e entidades relacionadas coa actividade agraria.

Periodicidade:

Regular: mensual.

Orzamento aproximado: 13.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en outubro de 2012.

37-202 Prezos da terra.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.2 Prezos no sector primario.

Obxectivos concretos:

Estimar o valor das diferentes categorías e especificacións da terra e analizar a evolución do prezo da terra.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: terras de cultivo non susceptibles doutros aproveitamentos diferentes dos agrícolas.

Territorial: provincias.

Persoa obrigada a subministrar información: comprador e vendedor de terras, rexistros, notarías, profesionais do sector...

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 8.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en outubro de 2012.

37-203 Prezos do leite.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.2 Prezos no sector primario.

Obxectivos concretos:

Coñecer a evolución do prezo do leite percibido polas explotacións leiteiras.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: explotacións leiteiras situadas en Galicia.

Territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: explotación leiteira.

Periodicidade:

Regular: mensual.

Orzamento aproximado: 51.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

Os datos referidos a outubro, novembro e decembro de 2011 difundiranse na internet na última semana de febreiro de 2012.

Os datos referidos a xaneiro, febreiro e marzo de 2012 difundiranse na internet na última semana de maio de 2012.

Os datos referidos a abril, maio e xuño de 2012 difundiranse na internet na última semana de agosto de 2012.

Os datos referidos a xullo, agosto e setembro de 2012 difundiranse na internet na última semana de novembro de 2012.

37-204 Explotación do rexistro sobre prezos declarados polos compradores de leite.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.2 Prezos no sector primario.

Obxectivos concretos:

Explotar o prezo do leite que declaran os compradores que recollen leite en Galicia para dispoñer del dun xeito máis áxil.

Estado: en implantación.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: compradores de leite autorizados.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: mensual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

37-401 Índices de valor unitario para o comercio exterior e intracomunitario.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.4 Prezos no sector externo.

Obxectivos concretos:

Obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e/ou expedición e importación e/ou introdución de mercadorías con orixe/destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: comercio exterior (países terceiros) e intracomunitario.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: mensual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

A información referida a outubro de 2011 difundirase na internet o 13 de xaneiro de 2012.

A información referida a novembro de 2011 difundirase na internet o 6 de febreiro de 2012.

A información referida a decembro de 2011 difundirase na internet o 5 de marzo de 2012.

A información referida a xaneiro de 2012 difundirase na internet o 4 de abril de 2012.

A información referida a febreiro de 2012 difundirase na internet o 4 de maio de 2012.

A información referida a marzo de 2012 difundirase na internet o 5 de xuño de 2012.

A información referida a abril de 2012 difundirase na internet o 5 de xullo de 2012.

A información referida a maio de 2012 difundirase na internet o 6 de agosto de 2012.

A información referida a xuño de 2012 difundirase na internet o 7 de setembro de 2012.

A información referida a xullo de 2012 difundirase na internet o 5 de outubro de 2012.

A información referida a agosto de 2012 difundirase na internet o 5 de novembro de 2012.

A información referida a setembro de 2012 difundirase na internet o 5 de decembro de 2012.

37-801 Índices de competitividade.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.8 Competitividade.

Obxectivos concretos:

Obter uns índices que permitan seguir a evolución da competitividade exterior da economía galega nos mercados.

internacionais.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: comercio exterior (países terceiros) e intracomunitario.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: anual.

Regular: trimestral.

Regular: mensual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Realizarase na internet unha actualización mensual nas seguintes datas: 13 de xaneiro, 6 de febreiro, 5 de marzo, 4 de abril, 4 de maio, 5 de xuño, 5 de xullo, 6 de agosto, 7 de setembro, 5 de outubro, 5 de novembro e 5 de decembro de 2012.

38-101 Explotación do directorio de empresas e unidades locais.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.8.1 Estrutura e caracterización do sector empresarial.

Obxectivos concretos:

Elaborar e manter un conxunto organizado de información sobre empresas e unidades locais con actividade económica en Galicia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: empresas que realizan algunha actividade en Galicia.

Territorial: concellos.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en decembro de 2012.

38-102 Indicadores do sector empresarial.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.8.1 Estrutura e caracterización do sector empresarial.

Obxectivos concretos:

Elaborar unha serie de indicadores que permitan seguir a evolución da actividade empresarial galega.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: empresas que realizan algunha actividade en Galicia.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2010 difundirase na internet en novembro de 2012.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.6.7 Outras producións e ofertas culturais.

3.5.5 Servizos financeiros, servizos ás empresas e outros de mercado.

3.6.4 Institucións sen fins de lucro.

3.8.1 Estrutura e caracterización do sector empresarial.

3.9.1 Contas económicas.

3.9.2 Marco input-output.

Obxectivos concretos:

Delimitar o alcance das actividades e obter información relativa ás variables económicas e de emprego das ramas estudadas.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

Poboacional: persoas físicas e xurídicas con actividade en servizos profesionais, técnicos, auxiliares e outros servizos a empresas e actividades artísticas, recreativas e de entretemento e actividades asociativas.

Territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: empresas e institucións sen fins de lucro.

38-201 Confianza empresarial.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.8.2 Conxuntura empresarial.

Obxectivos concretos:

Coñecer a evolución pasada e prevista da actividade das empresas galegas.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: empresas que realizan algunha actividade en Galicia.

Territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: empresa a que pertence a unidade de actividade económica local.

Periodicidade:

Regular: trimestral.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O cuarto trimestre de 2011 difundirase na internet o 1 de marzo de 2012.

O primeiro trimestre de 2012 difundirase na internet o 7 de xuño de 2012.

O segundo trimestre de 2012 difundirase na internet o 6 de setembro de 2012.

O terceiro trimestre de 2012 difundirase na internet o 7 de decembro de 2012.

38-301 Cooperativas.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Relacións Laborais. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.8.3 Cooperativas, sociedades laborais e outras formas asociativas.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e as principais características das sociedades cooperativas.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: sociedades cooperativas con domicilio social na comunidade autónoma.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 2.500 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en outubro de 2012.

38-302 Sociedades laborais.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Relacións Laborais. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.8.3 Cooperativas, sociedades laborais e outras formas asociativas.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e as principais características das sociedades laborais.

Estado: en curso (con proxecto provisional).

Ámbitos de investigación:

Poboacional: sociedades laborais con domicilio social na comunidade autónoma.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 2.500 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en outubro de 2012.

39-101 Contas económicas anuais.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.9.1 Contas económicas.

Obxectivos concretos:

Analizar e avaliar a estrutura e evolución da economía de Galicia, no seu conxunto e os seus compoñentes de oferta, demanda e rendas.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: unidades económicas residentes en Galicia.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet en maio de 2012 a serie 2000-2009, base 2008.

Difundiranse na internet en agosto de 2012 a serie 2000-2010, base 2008.

39-102 Contas económicas trimestrais.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.9.1 Contas económicas.

Obxectivos concretos:

Proporcionar unha descrición cuantitativa coherente do conxunto da actividade económica galega no pasado inmediato mediante un cadro macroeconómico trimestral elaborado desde a óptica da oferta e a demanda.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: unidades económicas residentes en Galicia.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: trimestral.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O cuarto trimestre de 2011 difundirase na internet o 16 de febreiro de 2012.

O primeiro trimestre de 2012 difundirase na internet o 18 de maio de 2012.

O segundo trimestre de 2012 difundirase na internet o 28 de agosto de 2012.

O terceiro trimestre de 2012 difundirase na internet o 15 de novembro de 2012.

39-103 Contas económicas da agricultura.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.9.1 Contas económicas.

Obxectivos concretos:

Estimar a valoración das producións agrarias en metodoloxía SEC e analizar a evolución da renda agraria e das principais macromagnitudes.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: rama agraria, actividades da agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas.

Territorial: provincias.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 1.500 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2010 difundirase na internet en novembro de 2012.

39-104 Estimación de macromagnitudes a nivel comarcal.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.9.1 Contas económicas.

Obxectivos concretos:

Estudar a metodoloxía para a estimación dalgunha variable maroeconómica a nivel comarcal.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

Poboacional: unidades económicas residentes en Galicia.

Territorial: comarcas.

39-201 Marco input-output.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.9.2 Marco input-output.

Obxectivos concretos:

Describir o proceso produtivo e os fluxos de bens e servizos da economía de Galicia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: unidades económicas residentes en Galicia.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Irregular.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O marco input-output referido ao ano 2008 difundirase na internet en maio de 2012.

39-301 Contas de distribución da renda dos fogares por concellos.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.9.1 Contas económicas.

3.9.3 Sectores institucionais.

Obxectivos concretos:

Realizar unha estimación da renda dispoñible dos fogares residentes en Galicia e a súa distribución municipal.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: sector institucional fogares.

Territorial: concellos.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

A serie 2000-2009, base 2005, difundirase na internet en marzo de 2012.

A serie 2000-2010, base 2008, difundirase na internet en decembro de 2012.

39-401 Conta satélite do turismo.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral para o Turismo. Consellería de Cultura e Turismo.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.9.4 Contas satélites.

Obxectivos concretos:

Obter unha representación en termos económicos das actividades relacionadas co turismo de xeito comparable e integrado coas contas económicas e co marco input-output.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

Poboacional: unidades económicas residentes en Galicia relacionadas co turismo.

Territorial: Galicia.

39-402 Matriz de contabilidade social.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.9.4 Contas satélites.

Obxectivos concretos:

Describir os vínculos entre o valor engadido xerado polas ramas de actividade da economía e a renda primaria por.

subgrupos de fogares, divididos en función de categorías de persoas ocupadas, dentro do marco xeral do sistema de contas.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

Poboacional: unidades económicas residentes en Galicia.

Territorial: Galicia.

39-403 Conta satélite da cultura.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.6.6 Produción e oferta audiovisual.

2.6.7 Outras producións e ofertas culturais.

3.9.1 Contas económicas.

3.9.4 Contas satélites.

Obxectivos concretos:

Proporcionar un sistema de medición económica do sector cultural que permita valorar a súa importancia e poñer de manifesto a estrutura produtiva das actividades culturais.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

Poboacional: sector cultural.

Territorial: Galicia.

39-404 Conta satélite de produción doméstica.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.9.4 Contas satélites.

Obxectivos concretos:

Obter unha estimación do valor económico das actividades efectuadas nos fogares galegos, consideradas como non produtivas no SEC-95 e, polo tanto, non estimadas no sistema de contas.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

Poboacional: sector institucional fogares.

Territorial: Galicia.

41-101 Sistema de indicadores da sociedade da información.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.1.1 Sociedade da información nos fogares.

4.1.2 Sociedade da información nas empresas.

4.1.3 Sociedade da información nas administracións.

Obxectivos concretos:

Elaboración dunha serie de indicadores que traten de recoller todas as variables relevantes en materia de tecnoloxías da información e da comunicación que permitan analizar a repercusión e evolución das medidas adoptadas neste campo.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: sector TIC.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 5.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet no segundo semestre de 2012.

41-301 Estatística sobre a Administración electrónica na Xunta de Galicia.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.1.3 Sociedade da información nas administracións.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre o uso da Administración electrónica e a implantación das tecnoloxías no ámbito da Administración autonómica.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: Administración autonómica.

Territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: responsable de informática.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 30.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet no segundo semestre de 2012.

41-302 Estatística da Administración electrónica nos concellos galegos.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.1.3 Sociedade da información nas administracións.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre o uso da Administración electrónica e a implantación das diferentes tecnoloxías nos concellos.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: Administración local: concellos.

Territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: responsable de informática.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 9.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet no segundo semestre de 2012.

41-501 Situación das TIC nos centros sanitarios.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.1.5 Sociedade da información no sistema sanitario.

Obxectivos concretos:

Coñecer a situación dos centros sanitarios no referente a implantación neles das novas tecnoloxías.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: sistema sanitario público de Galicia.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en decembro de 2012.

42-101 Situación da certificación en Galicia.

Organismo responsable:

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Consellería de Economía e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.2.1 I+D+i nas empresas.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre as certificacións en materia de calidade que obtiveron as empresas de Galicia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

Poboacional: empresas certificadas por normas de calidade.

Territorial: Galicia.

Periodicidade:

Regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2011 difundirase na internet en setembro de 2012.

ANEXO IV
Descrición das outras actividades estatísticas

AE105 Contas económicas da agricultura. Utilización de medios de produción na explotación agraria.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.9 Características das explotacións agrarias.

3.9.1 Contas económicas.

Obxectivos concretos:

Estimar os principais valores dos medios de produción e dos consumos que se utilizan nas explotacións agrícolas e gandeiras para analizar a renda agraria.

Resultado final:

Estimación dos medios de produción do ano 2010 para a realización das contas económicas da agricultura.

AE201 Galicia en cifras.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

g) Contribuír ao desenvolvemento da sociedade da información, proporcionando a oferta estatística como un servizo electrónico.

Obxectivos concretos:

Compilar e resumir a información estatística no ámbito da comunidade autónoma e difundila nunha epígrafe específica da web.

Resultado final:

Recompilación e resumo de información e elaboración das táboas estatísticas que se difundirán na epígrafe Galicia en cifras.

Actualización da información estatística contida na epígrafe Galicia en cifras e recollida a propósito para esta.

AE202 Banco de series de conxuntura.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

g) Contribuír ao desenvolvemento da sociedade da información, proporcionando a oferta estatística como un servizo electrónico.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información conxuntural actualizada para Galicia a través dunha aplicación web que permite consultar estas series en forma de táboas e gráficos.

Resultado final:

Actualización da información das series contidas na aplicación de visualización de series da páxina web do IGE.

AE203 Atlas estatístico comarcal.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

h) Desenvolver a referenciación territorial da información estatística e avanzar na homoxeneización da desagregación territorial das actividades realizadas.

Obxectivos concretos:

Sintetizar parte da información comarcal dispoñible na web do IGE en forma de mapas e gráficos.

Resultado final:

Actualización da información estatística contida na aplicación Atlas Estatístico Comarcal dispoñible na páxina web do IGE.

AE204 Portal estatístico para o mundo educativo.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Facilitar a información estatística do IGE nuns formatos máis axeitados para o seu uso no ámbito educativo.

Resultado final:

Incorporación de unidades didácticas con información estatística dirixidas a alumnos de educación primaria.

AE205 Banco de datos territorial.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

g) Contribuír ao desenvolvemento da sociedade da información, proporcionando a oferta estatística como un servizo electrónico.

h) Desenvolver a referenciación territorial da información estatística e avanzar na homoxeneización da desagregación territorial das actividades realizadas.

Obxectivos concretos:

Ofrecer a información estatística a través dunha aplicación web que facilite consultar os datos dispoñibles para un nivel xeográfico determinado –concello ou comarca– e permita realizar gráficos e mapas para facilitar a súa comprensión.

Resultado final:

Actualización da información estatística da páxina web do IGE.

AE218 Indicadores do mercado laboral.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Formación e Colocación. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos instrumentais:

g) Contribuír ao desenvolvemento da sociedade da información, proporcionando a oferta estatística como un servizo electrónico.

Obxectivos concretos:

Proporcionar unha plataforma na internet que facilite o acceso ao conxunto de datos relacionados co emprego que elabora o Observatorio Ocupacional do Instituto Galego das Cualificacións.

Resultado final:

Actualización da información (paro rexistrado, contratos e afiliacións) contida na aplicación de indicadores do mercado laboral para a visualización da información a través da web.

AE219 Observatorio da sociedade da información e da modernización de Galicia.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Presidencia da Xunta.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre o desenvolvemento da sociedade da información e a Administración electrónica en Galicia.

Resultado final:

Difusión do estado e grao de avance da sociedade da información na web do Osimga www.osimga.org e a través do seu boletín informativo.

Elaboración de informes sobre o estado da sociedade da información en Galicia, que se publicarán na web do Osimga http://www.osimga.org/gl/documentos/.

AE220 Observatorio da economía galega.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Secretaría Xeral e do Patrimonio. Consellería de Facenda.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Recompilar e difundir as principais series económicas que nos permitan seguir a evolución da economía galega.

Resultado final:

Actualización da información estatística contida na epígrafe Observatorio da economía galega, na web da Consellería de Facenda.

AE301 Explotación do movemento natural da poboación.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

Obxectivos concretos:

Difundir os datos do movemento natural da poboación dos residentes na comunidade autónoma.

Resultado final:

Explotación e difusión dos resultados definitivos referidos ao ano 2010 e provisionais 2011.

AE302 Explotación dos movementos migratorios.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

Obxectivos concretos:

Difundir os datos das variacións de residencia no ámbito da comunidade autónoma.

Resultado final:

Explotación e difusión dos resultados referidos ao ano 2010.

AE304 Explotación das afiliacións á Seguridade Social.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Difundir os datos das afiliacións á Seguridade Social.

Resultado final:

Explotación e difusión das afiliacións a Seguridade Social por concello, último trimestre do ano 2011 e tres primeiros trimestres do ano 2012.

AE305 Explotación dos datos do comercio exterior e intracomunitario.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.1 Intercambios comerciais.

Obxectivos concretos:

Difundir os datos de comercio exterior e intracomunitario no ámbito da comunidade autónoma.

Resultado final:

Explotación e difusión dos datos do comercio exterior do ano 2011.

AE307 Explotación do índice de produción industrial.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.3.5 Outras industrias manufactureiras.

Obxectivos concretos:

Difundir os principais resultados do índice de produción industrial no ámbito da comunidade autónoma.

Resultado final:

Difusión dos índices mensuais de produción industrial do INE referidos a Galicia.

AE308 Nomenclátor e explotación do padrón municipal de habitantes.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

Obxectivos instrumentais:

h) Desenvolver a referenciación territorial da información estatística e avanzar na homoxeneización da desagregación territorial das actividades realizadas.

Obxectivos concretos:

Difundir as cifras de poboación dos residentes nas diversas entidades territoriais de Galicia.

Resultado final:

Difusión das cifras de carácter oficial de poboación e da súa explotación estatística referidas ao ano 2012.

AE309 Informe das variacións do índice de prezos de consumo.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.7 Nivel xeral de prezos.

Obxectivos concretos:

Analizar os resultados do IPC e realizar unha predición a curto prazo no ámbito da comunidade autónoma.

Resultado final:

Difusión dos índices mensuais de prezos ao consumo do INE referidos a Galicia.

AE310 EPA. Módulo sobre o emprego das persoas con discapacidade.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.7 Discapacidade.

Obxectivos concretos:

Estudar, no marco da EPA, as condicións no emprego das persoas con discapacidade.

Resultado final:

Explotación e difusión de resultados referidos ao emprego das persoas con discapacidade referidos ao ano 2011.

AE311 ECV. Módulo sobre a poboación dependente.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre a poboación dependente e sobre as persoas que coidan dependentes de forma non remunerada.

Resultado final:

Explotación e difusión de resultados referidos á poboación dependente referidos ao ano 2011.

AE313 Seguimento e análise da construción.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.4.1 Edificación residencial e non residencial.

Obxectivos concretos:

Compilar a información sobre o sector da construción das diferentes operacións estatísticas que permita caracterizar este ámbito.

Resultado final:

AE314 Pensións e outras prestacións.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.3 Pensións e outras prestacións.

Obxectivos concretos:

Compilar e difundir a información dispoñible de pensións e outras prestacións das diversas fontes.

Resultado final:

Recompilación e difusión da información estatística existente sobre pensións contributivas, ano 2011, e non contributivas (varios anos).

AE315 EPA. Estudo sobre a relación coa actividade da poboación xuvenil.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

Obxectivos concretos:

Investigar a relación coa actividade laboral –ocupación e paro- e ingresos relacionados da poboación xuvenil a partir dos datos da enquisa de poboación activa.

Resultado final:

Explotación e difusión das principais variables proporcionadas pola EPA para o colectivo de 16 a 29 anos, último trimestre do ano 2011 e tres primeiros trimestres do ano 2012.

AE316 Comercio exterior de produtos de alta tecnoloxía.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.2.4 Comercio externo de produtos tecnolóxicos.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre as exportacións e importacións dos produtos tecnolóxicos.

Resultado final:

Explotación e difusión dos datos do comercio exterior, de produtos de alta tecnoloxía, referidos ao ano 2011.

AE317 Explotación estatística da información tributaria.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.6.5 Ingresos tributarios e non tributarios.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información estatística procedente da Axencia Estatal de Administración Tributaria e dos tributos recadados e xestionados pola comunidade autónoma a nivel de concello.

Resultado final:

Elaboración e difusión da información, primeiros resultados, referida ao último ano dispoñible.

AE401 Anuario de estatística agraria.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Compilar e difundir a información estatística agraria máis salientable obtida nas actividades estatísticas realizadas ao longo do ano.

Resultado final:

Recompilación e difusión (na páxina web) da información estatística agraria referida ao ano 2010.

AE402 Anuario de pesca.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica. Consellería do Mar.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Compilar e difundir as estatísticas socioeconómicas do sector pesqueiro.

Resultado final:

Recompilación e difusión da información estatística de pesca referida ao ano 2011.

AE404 Datos estatísticos básicos de Galicia.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Compilar a información estatística básica no ámbito da comunidade autónoma e difundila en forma de folleto.

Resultado final:

Recompilación de información estatística xeral (varios sectores e ámbitos) e difusión en forma de folleto.

AE405 Tendencias do emprego.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Formación e Colocación. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Coñecer a evolución do emprego na comunidade autónoma a partir da información ofrecida nas diferentes operacións estatísticas.

Resultado final:

Difusión trimestral na internet da publicación Tendencias do Emprego, en formato pdf.

AE406 Anuario de estatísticas sociolaborais.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Relacións Laborais. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Compilar a información estatística referida ás relacións laborais e difundila en forma de anuario.

Resultado final:

Recompilación e difusión da información estatística das relacións laborais, referida ao ano 2011.

AE408 A realidade da muller galega.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

g) Contribuír ao desenvolvemento da sociedade da información, proporcionando a oferta estatística como un servizo electrónico.

Obxectivos concretos:

Representar a realidade das mulleres galegas con base en varias variables e comparar a súa situación coa dos homes.

Resultado final:

Actualización da información estatística contida na epígrafe A realidade da muller galega e recollida a propósito para esta epígrafe.

AE409 Galicia aberta: a emigración en cifras.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral da Emigración. Presidencia da Xunta.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e características sociodemográficas dos galegos no exterior, estranxeiros en Galicia e galegos retornados, a partir de diferentes fontes.

Resultado final:

Actualización da información estatística contida na epígrafe Galicia aberta: a emigración en cifras, referida ao ano 2011.

AE410 A enerxía en Galicia.

Organismo responsable:

Instituto Enerxético de Galicia (Inega). Consellería de Economía e Industria.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Ofrecer na web do Inega información estatística do sector enerxético recompilada de diversas fontes e operacións do propio Inega como o balance enerxético, emisións de CO2…

Resultado final:

Recompilación e difusión de información estatística enerxética: consumo de enerxía, emisións de CO2 e prezos enerxéticos.

AE411 Panorama rural e urbano.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

h) Desenvolver a referenciación territorial da información estatística e avanzar na homoxeneización da desagregación territorial das actividades realizadas.

Obxectivos concretos:

Compilar e difundir información estatística sociodemográfica, económica e sanitaria segundo o grao de urbanización.

Resultado final:

Elaboración e difusión da información, primeiros resultados, referida ao último ano dispoñible.

AE601 Accesibilidade á vivenda.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.7.2 Demanda e acceso á vivenda.

Obxectivos concretos:

Obter un indicador que nos permita analizar a accesibilidade á compra dunha vivenda.

Resultado final:

Cálculo do grao de accesibilidade á vivenda (para a súa difusión no Banco de Series de Conxuntura) referido ao último trimestre do ano 2011 e tres primeiros trimestres do ano 2012.

AE602 Asistencia xurídica gratuíta.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Xustiza. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.11 Xustiza e seguridade.

Obxectivos concretos:

Informar sobre a poboación que, con ingresos inferiores ao dobre do IPREM, utiliza o sistema legal de asistencia xurídica gratuíta, as súas necesidades de defensa xurídica e os tipos de conflitos que lles afectan.

Resultado final:

Actualización da información estatística contida na epígrafe Asistencia xurídica gratuíta (web) referida ao ano 2011.

AE603 Indicadores ambientais.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.2.2 Calidade do aire.

1.2.4 Calidade e depuración de auga.

1.2.5 Residuos urbanos e industriais. Reciclaxe.

1.2.7 Hábitos e prácticas ambientais.

Obxectivos concretos:

Obter un sistema de indicadores que proporcione información sobre as condicións e fenómenos ambientais.

Resultado final:

Elaboración e difusión dos indicadores ambientais coa información referida ao ano 2011.

AE604 Negociación colectiva.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Relacións Laborais. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.8 Concertación laboral.

Obxectivos concretos:

Coñecer as principais características –número, traballadores afectados...– dos convenios colectivos vixentes así como cuantificar os convenios colectivos negociados.

Resultado final:

Explotación estatística e difusión (nun informe anual) da información sobre a negociación colectiva, referida ao ano 2011.

AE605 Indicadores de contexto do plan estratéxico.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información cuantitativa sobre o entorno socioeconómico para facilitar o seguimento e avaliación do Plan Estratéxico 2010-2014.

Resultado final:

Elaboración e difusión nunha epígrafe específica dos indicadores de contexto do plan estratéxico coa información dispoñible.

AE606 Explotación do rexistro de contratos laborais.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Formación e Colocación. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e tipoloxía dos contratos de traballo rexistrados no servizo público de emprego.

Resultado final:

Explotación e difusión anual na internet da información de contratos laborais rexistrados, referidos ao ano 2011.

AE607 Informe do paro rexistrado.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Formación e Colocación. Consellería de Traballo e Benestar.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e as características –idade, xénero, etc.– dos demandantes de emprego non ocupados e rexistrados nas oficinas do servizo público de emprego.

Resultado final:

Explotación e difusión na internet da información mensual do paro rexistrado, ao longo do ano 2012.

AE608 Indicadores estruturais da Unión Europea.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

e) Promover a normalización, homoxeneidade e posibilidade de comparación da información proporcionada polo sistema estatístico de Galicia respecto do estatal e do europeo.

Obxectivos concretos:

Elaborar para Galicia os indicadores que Eurostat define como estruturais, Europa 2020, emprego, política social, globalización e desenvolvemento sustentable.

Resultado final:

Elaboración e difusión dos indicadores, primeiros resultados, referidos ao último ano dispoñible.

AE704 Investigación e desenvolvemento de métodos de estimación de áreas pequenas.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

d) Impulsar e realizar investigación estatística, tanto nos aspectos metodolóxicos e históricos como noutros ámbitos de interese para a comunidade autónoma que contribúan a mellorar o coñecemento da súa realidade demográfica, social, económica e ambiental.

Obxectivos concretos:

Mellorar as predicións ou estimacións de variables ou parámetros de interese nas actividades realizadas polo IGE.

Resultado final:

Elaboración da metodoloxía e desenvolvemento do software informático para a estimación da poboación ocupada, parada e inactiva por comarcas.

Estudo sobre o desenvolvemento da metodoloxía de estimación en áreas pequenas aplicada ao consumo do sector fogares a nivel comarcal.

ANEXO V
Outras actividades de interese estatístico

AIE01 Perfeccionamento profesional do sistema estatístico de Galicia.

Curso dirixido ao persoal dos órganos estatísticos sectoriais e ás demais persoas que elaboran estatísticas no marco do PGE sobre a estatística oficial da comunidade autónoma.

Obxectivos:

Organizativo b).

AIE02 Fomento da formación especializada en estatística.

Prácticas de alumnos das titulacións da Facultade de Matemáticas da USC.

Obxectivos:

Organizativo e).

Instrumental c).

AIE03 Accións que potencien o coñecemento a través da estatística.

Prácticas de alumnos do máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica.

Obxectivos:

Organizativo e).

Instrumental c).

Xornadas de portas abertas.

Obxectivos:

Instrumental c).

AIE04 Iniciación e fomento da I+D na estatística.

Prácticas de alumnos do máster interuniversitario en Técnicas Estatísticas.

Obxectivos:

Organizativo e).

Instrumental c) e d).

AIE05 Promoción da normalización metodolóxica na actividade estatística.

Coordinación grupo de traballo de Inventario no seo do Foro de Estatística Rexional (FER).

Obxectivos:

Organizativo e).

Participación nos grupos de traballo de Definicións, conceptos, unidades, variables e clasificacións e de Recollida da información no seo do FER.

Obxectivos:

Organizativo e).

Estudo das repercusións do novo regulamento do sistema europeo de contas sobre o sistema de contas de Galicia.

Obxectivos:

Instrumental e).

Convenio de colaboración entre o INE e o IGE para a adopción de protocolos de intercambio de directorios e marcos estatísticos.

Obxectivos:

Instrumental i).

AIE06 Biblioteca e catalogación de documentos estatísticos.

Migración ao programa Meiga da Consellería de Cultura e Turismo.

Obxectivos:

Instrumental f).

AIE07 Inventario de actividades estatísticas.

Adecuación do inventario ao PGE 2012-2016.

Obxectivos:

Instrumental f).

AIE08 Programación, seguimento e avaliación da actividade estatística.

Informe de seguimento do PEA 2011.

Informe de avaliación do PGE 2007-2011.

Obxectivos:

Organizativo a).

AIE09 Desenvolvemento de software específico de apoio ao proceso estatístico.

Desenvolvemento da plataforma de intercomunicación da organización estatística de Galicia.

Obxectivos:

Organizativo c).

Instrumental f).

AIE10 Actividades complementarias e de apoio á difusión de interese estatístico.

Desenvolvemento e divulgación de widgets.

Obxectivos:

Instrumental g).

Desenvolvemento de API.

Obxectivos:

Instrumental g).

Plataforma de apoio á difusión da información estatística transfronteiriza.

Obxectivos:

Instrumental g).

Uso das redes sociais para difusión estatística.

Obxectivos:

Instrumental g).

AIE11 Relacións co exterior en materia de estatística.

O IGE colaborará na análise dos datos estatísticos do proxecto DART.

Obxectivos:

Informativo LAS 1: demografía.

Edición dun atlas de empresas da Eurorrexión.

Obxectivos:

Informativo LAS 2: estrutura económica.

Elaboración do boletín estatístico trimestral da Eurorrexión.

Obxectivos:

Informativo LAS 3: conxuntura económica.

Análise sobre o comercio intracomunitario da Eurorrexión.

Obxectivos:

Informativo LAS 2: estrutura económica; e LAS 4: sector exterior.

Análise da competitividade exterior da Eurorrexión.

Obxectivos:

Informativo LAS 4: sector exterior.

Anuario Estatístico Galicia Norte de Portugal.

Obxectivos:

Instrumental c).

AIE12 Catálogo de rexistros administrativos de interese estatístico.

Obxectivos:

Organizativo d).

AIE13 Análise estatística de sectores produtivos.

Análise da cadea forestal.

Obxectivos:

Informativo LAS 2: estrutura económica.