De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para lle notificar por comparecencia o acordo adoptado no expediente citado.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da notificación deste anuncio na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rolda da Muralla n.º 70, baixo 1.º de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Lugo, 2 de decembro de 2011.
Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-CAZ-46/2011-V.
Interesado: Rafael Abelleira Sieiro.
Acto notificado: iniciación.