Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ANP-PO-0029/2011-V e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural sita na rúa Fernández Ladreda, edificio administrativo, 2.º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 2 de decembro de 2011.

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: ANP-PO-0029/2011-V.

Denunciado: Malco Marzoa Cerviño.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0089/2011-VNA.

Denunciada: Maderas Carballeira, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0226/2011-VNA.

Denunciada: Galega de Plátanos.

Acto de notificación: proposta de resolución.