Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano relativa aos expedientes de subvención 11270119/2005 e 11270367/2005.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano relativa aos expedientes de subvención núm. 11270119/2005 e 11270367/2005 (Orde do 13 de maio de 2005 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2005 as axudas para o fomento da forestación de terras agrícolas).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Dirección Xeral de Montes (Subdirección Xeral de Recursos Forestais), situada en San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2011.

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2007 relativa ao expediente de subvención núm. 11270119/2005.

Interesado: Alberto Méndez Soto.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lg. pol. n.º 7, 27568 Monterroso (Lugo).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2008, 2009 e 2010 relativa ao expediente de subvención núm. 11270367/2005.

Interesada: Lucía Bardelas Valladares.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lg. A Matanza, 1, Furco, 27527 Carballedo (Lugo).