Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se acorda ratificar a modificación dos estatutos da Confraría de Pescadores Virxen do Monte de Camariñas, inscribila no Rexistro de Confrarías e das súas Federacións e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Examinada a modificación dos artigos 1, 3 e 94 dos estatutos da Confraría de Pescadores Virxen do Monte de Camariñas, realizada segundo o procedemento previsto no seu artigo 93, e no 5 do Decreto 261/02, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións.

Comprobado que se cumpre o requisito que establece o artigo 4 do devandito Decreto 261/2002, do 30 de xullo, de aprobación pola xunta xeral da confraría, na súa reunión do 11 de febreiro de 2011, e de conformidade cos seus artigos 112 a), 113 e 114, relativos ao Rexistro de Confrarías e das súas Federacións, en relación co disposto nos artigos 2 e 14 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, en representación desta, acorda ratificar a modificación dos artigos 1, 3 e 94 dos estatutos da Confraría de Pescadores Virxen do Monte de Camariñas, que queda compostos por 94 artigos, unha disposición adicional, unha derrogatoria, e unha derradeira (62 páxinas), inscribila no Rexistro de Confrarías e das súas Federacións, no folio 1 do libro 1.º, e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, adquirindo desde este momento a eficacia xurídica que lle recoñecen as normas legais de aplicación.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2011.

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro