Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente LU-CAZ-75/2011-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase ao interesado que se sinala no anexo para lle notificar por comparecencia o acordo adoptado no expediente citado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da notificación deste anuncio na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rolda da Muralla n.º 70, baixo 1.º de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 2 de decembro de 2011.

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-CAZ-75/2011-V.

Interesado: Manuel María Ansede Díaz.

Acto notificado: iniciación.