Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de decembro de 2011 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística moi grave 107C 2011/33-0, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o enderezo do destinatario.

O día 15 de novembro de 2011, o instructor do expediente sancionador elaborou a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2011/33-0, incoado polas obras consistentes na construción dunha nave industrial e esplanada de formigón no lugar do Coto, parroquia de Pastoriza, no termo municipal de Arteixo, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela proposta a Coslaco, S.L., mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita proposta.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da proposta que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para formular alegacións e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística