Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de decembro de 2011 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/49/2011, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o enderezo do destinatario.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística I acordou, o día 28 de setembro de 2011, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística aos herdeiros de Ramona Babío Suárez, en relación coas actuacións realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha nave no lugar do Carballo-Carnoedo, no termo municipal de Sada, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes e, de ser o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística