Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 13 de decembro de 2011 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 13-10-11-09.

De conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE núm. 283, do 25 de novembro) de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e, en virtude do disposto no artigo 39.1.º b) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto), é o presidente do Consello de Administración.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, perante, a elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, ou o Xulgado do Contencioso-Administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta presidencia no prazo dun mes contado desde a mesma data antes sinalada.

O importe da multa poderá facerse efectivo en período voluntario dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302 do 18 de decembro), mediante impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia. De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente.

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-porto

Precepto infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-10-11-09

Celador do porto

Rafael García Carballal

Rúa Rafael Picó 34

36970 Portonovo Sanxenxo (Pontevedra)

Instalación de terraza sen autorización

12.5.2011; 15.00 horas

Portonovo (Pontevedra)

Arts. 306.1.a) e 306.2.d) R.D. Lex. 2/2011

Anexo 3 Lei 6/2003

Arts. 58 e 60

O.M. 12.6.1976

Art. 312

R.D. Lex. 2/2011

764,52 €