Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de decembro de 2011 polo que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de dominio público hidráulico DH.D15.27435, DH.D15.28286, DH.D15.28466 e DH.D36.16442.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións que o presidente de Augas de Galicia ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infraccións en materia de dominio público hidráulico porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, ante o conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, transcorrido o cal a resolución devirá firme.

O importe da multa deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, recadación de multas e sancións, empregando o modelo impreso que se facilitará nas dependencias deste organismo autónomo (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela).

Unha vez firme a resolución sancionadora sen constancia do seu pagamento, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciado

Enderezo

Data da
resolución

Precepto infrinxido

Cualificación

Sanción

Reposición

DH.D15.27435

Diego Sanjuán Bianchi

Rúa Ordes, 6-1.º D
Santiago de Compostela

13.7.2010

Art. 116.3.d) TRLA
Art. 315.c) RDPH

Infracción leve

240 €

Si

DH.D15.28286

Zentarea Grupo Inmobiliario, S.L.

Calle de las Cercas, 14

28250 Torrelodones Madrid

29.7.2011

Art. 116.3.d) TRLA
Art. 315.c) RDPH

Infracción leve

900 €

Si

DH.D15.28466

Castro Castelo Construcciones, S.L.

Rúa Cardenal Quiroga,15 32003 Ourense

21.10.2011

Sobresemento

DH.D36.16442

Adega Somato, S.L.

Rúa O Rial, 49
36600 Vilagarcía de Arousa

1.2.2011

Art. 116.3.b). d) TRLA
Art. 315.c), i) RDPH

Infracción leve

5.500 €

Si