Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2011 Páx. 38364

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 9 de novembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe do sección de Endocrinoloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Convocada a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto de traballo vacante no Complexo Hospitalario de Pontevedra, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario, e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, a Xerencia de Xestión Integrada, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e a Orde do 28 de setembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 188, do 30 de setembro), pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Pontevedra e O Salnés, resolve adxudicar o posto convocado á persoa que se indica no anexo desta resolución.

Pontevedra, 9 de novembro de 2011.

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Posto de traballo: xefe de sección de Endocrinoloxía.

Nome e apelidos: Pablo Fernández Catalina.

DNI: 36054076-N.