Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Ganadería Lorenzo Vilameá, S.C.
Domicilio social: Froxán n.º 16, 36000 Lalín.
Denominación: L.M.T. acometida ao C.T. da granxa de gandería Lorenzo Vilameá.
Situación: Lalín.
Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV de 2.015 metros de lonxitude, con orixe na L.M.T. LAL811 (Rodeiro) e final no C.T. que dará subministración a unha granxa situada en Froxán (Castro de Cabras-San Pedro), Lalín. A liña está estructurada en tres tramos: o primeiro aéreo, de 941 metros; o segundo subterráneo, de 330 metros, e o terceiro aéreo, de 744 metros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta Xefatura Territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 16 de agosto de 2011.
P.A. (Art. 39.3 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial