Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2011 Páx. 38380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 15 de setembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o proxecto da planta de coxeración de Indusal Rías Baixas, S.A., situada no polígono industrial das Gándaras, parcela 88, concello do Porriño, para a súa autorización administrativa (expediente IN407A 2011/174-4).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, sométese a información pública para autorización administrativa o anteproxecto da planta de coxeración que se cita:

Título: Planta de Coxeración.

Situación: polígono industrial das Gándaras, parcela 88.

Concello: O Porriño (Pontevedra).

Solicitante: Indusal Rías Baixas, S.A.

Domicilio social: polígono industrial das Gándaras, parcela 88, 36475 O Porriño.

Orzamento das instalacións: 402.636,30 euros.

Descrición das instalacións:

• Un contedor de coxeración:

– Motor.

– Alternador.

– Sistema de potencia e control da instalación

– Sistema de recuperación e refrixeración da calor do motor.

– Instalacións auxiliares.

• Caldeira de recuperación de gases.

• Instalación de circuíto completo para a refrixeración de camisas e aproveitamento de auga. Entre os elementos máis importantes está un intercambiador de calor de placas para a refrixeración da auga de camisas e un aerorrefrixerador.

• Sistema de control de potencia, protección e sincronismo coa rede.

• Un centro de transformación de 630 kVA con relación de transformación 400 V/15 kV e instalación das celas de protección e demais equipamentos eléctricos de medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo, avenida Fernández Ladreda 43-5.ª planta de Pontevedra, no prazo de vinte días, a partir da última publicación deste anuncio.

Pontevedra, 15 de setembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra