Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2011 Páx. 38383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2011/197).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: reforma L.M.T. Prevediños-Vilar.

Situación: concello de Touro.

Características técnicas: reforma da liña de media tensión aérea a 20 kV Prevediños-Vilar (expediente IN407A 2001/242) e instalación dun novo centro de transformación prefabricado en substitución do existente de tipo intemperie (expediente IN407A 2001/242), consistente en:

– L.M.T. subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 15 m en condutor R.H.Z.1 2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2 Al), con orixe no novo C.T. Vilar e final no paso aerosubterráneo que se instalará en novo apoio n.º 1 tipo C-7000/16 (coordenadas UTM X:550,784,59; Y:4.741.861,17) que substitúe o existente.

– L.M.T. aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1,61 km, con condutor tipo PAS-120, con orixe no paso aerosubterráneo proxectado no novo apoio n.º 1 e final en apoio existente n.º 13 tipo C-2000/14 (coordenadas UTM X:550.539,1; Y:4.743.397,21) da L.M.T. Prevediños-Vilar (expediente IN407A 2001/242), no dito tramo substitúese o condutor existente e adáptanse os apoios a nova configuración da liña, sendo o primeiro tramo entre o apoio n.º 1 e 2 de dobre circuíto, compartindo apoios coa L.M.T. a Foxás (expediente 7964), e entre os apoios n.º 2 e 13 de simpre circuíto.

– Substitución do centro de transformación de tipo intemperie existente (expediente IN407A 2001/242) por un novo centro de transformación de tipo caseta prefabricada de formigón denominado Vilar (coordenadas UTM X:550.790,5; Y:4.741.879,7), de potencia 100 kVA e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 21 de novembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG. n.º 117, do 17 xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial