Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2011 Páx. 38375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se empraza o interesado no recurso contencioso-administrativo número 752/2011, interposto contra a desestimación da reclamación de responsabilidade patrimonial RP/10/00055.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, en relación co recurso contencioso-administrativo número 752/2011, interposto por Construcciones López Cao, S.L., contra a Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 2 de febreiro de 2011, que resolve a reclamación por responsabilidade patrimonial RP/10/00055, por danos en vehículo con matrícula 9855GLF polo accidente sufrido o día 15.5.2009 cando circulaba pola vía rápida do Salnés (VRG-4.2), tramo entre Ribadumia e Cambados, poboación de Abelleira, cando á altura do punto quilométrico 3,5 atopou a vía interrompida por un socavón, que formaba unha ampla franxa que atravesaba ambos os dous carrís de circulación; esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

A devandita resolución de remisión do expediente intentouse notificar persoalmente a FCV Rey, S.L., con último domicilio coñecido na avda. de Ourense, n.º 34 baixo, 36900 Marín-Pontevedra, interesada no citado procedemento, sen que fose posible tal notificación.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase para que poida presentarse como demandada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas