Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2011 Páx. 38376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4352/2011 contra a Resolución do 13 de abril de 2011, pola que se aproba definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Lugo nas marxes da rotonda do Carme (Lugo).

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4352/2011, interposto por Isolina Dafonte Dafonte contra a Resolución do 13 de abril de 2011, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se aproba definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Lugo nas marxes da rotonda do Carme (Lugo).

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na data do 22 de novembro de 2011.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas