Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2011 Páx. 38377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos 4386/2011, 4382/2011 e 4379/2011 contra a Orde do 29 de abril de 2011 pola que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Lugo.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números 4386/2011, interposto por Manuel Ramiro López, Sara Díaz González e Construcciones Arcobar, S.L., o P.O. 4382/2011, interposto por Jesús M.ª Cuesta Gómez, Amalia Bolaño Cabezón e outros, e P.O. 4379/2011 interposto por José Antonio Sánchez del Valle, contra a Orde do 29 de abril de 2011, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Lugo.

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en data do 25 de novembro de 2011.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas