Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2011 Páx. 38378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de novembro de 2011, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 18 de novembro de 2011 de non someter o Plan especial no ámbito da Universidade Laboral do Burgo PE-3, concello de Culleredo, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter o Plan especial no ámbito da Universidade Laboral do Burgo PE-3, do concello de Culleredo, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2011.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental