Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2011 Páx. 38372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2011, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se concede autorización a Ingeniería y Servicios en Acústica, Iberacústica, S.L., para actuar como organismo de control.

Examinada a solicitude de autorización presentada por Antonio Pérez García e Miguel Veiga Gordaliza, en nome e como administradores mancomunados de Ingeniería y Servicios en Acústica, Iberacústica, S.L., con CIF B47436290, con domicilio social na rúa Renedo 12 bis, 47005 Valladolid, e con centro en Santiago de Compostela, na Costa do Vieiro, 5, para actuar como organismo de control, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ten en conta os seguintes

Feitos:

Primeiro. Ingeniería y Servicios en Acústica, Iberacústica, S.L. foi acreditada pola ENAC (Entidade Nacional de Acreditación), para as actividades de ensaios de acústica ambiental e en edificación, segundo os criterios recolleitos na norma UNE-EN ISO/IEC 17025, tal e como consta no certificado de acreditación n.º 458/LLE972, do 8 de abril de 2005, e no anexo técnico, revisión 6, expedido na data do 4.3.2011 con vixencia ata notificación en contra en ambos os casos.

Segundo. Con data do 2 de agosto de 2011, Antonio Pérez García e Miguel Veiga Gordaliza presentan un escrito en que solicitan en nome de Ingeniería y Servicios en Acústica, Iberacústica, S.L., ao amparo do R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Reglamento de infraestruturas de calidade e seguranza industrial, que se lle concedese a autorización para actuar como organismo de control, nos ámbitos regulamentarios solicitados. Para tal efecto, acompañaba a documentación exixida no artigo 43.3 do citado real decreto.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Esta secretaría xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE n.º 101, do 28 de abril), nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo (BOE n.º 191, do 9 de agosto) e 2536/1982, do 24 de xullo (BOE n.º 246, do 14 de outubro; DOG n.º 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG n.º 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG n.º 30, do 4 de decembro) e do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo de 1992) e co Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguranza industrial e demais lexislación concordante.

Segundo. Na tramitación deste expediente cumpríronse todos os requisitos regulamentarios.

Terceiro. A documentación presentada por Ingeniería y Servizos en Acústica, Iberacústica, S.L. acredita que a empresa cumpre coas exixencias xerais establecidas no artigo 43.3 do R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a Ingeniería y Servicios en Acústica, Iberacústica, S.L., para actuar como organismo de control para as actividades de:

– Ensaios acústicos da categoría I (ensaios in situ): ruído ambiental; edificios e elementos construtivos; locais e recintos.

2. Esta autorización ten un período de vixencia ata notificación en contra, e pode ser suspendida ou revocada, ademais de nos casos establecidos na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación da ENAC.

3. Ingeniería y Servicios en Acústica, Iberacústica, S.L., queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e período de vixencia establecidos nos puntos primeiro e segundo, respectivamente, debendo, en calquera caso, notificar á Administración competente da comunidade autónoma distinta da que o autorizou o inicio da súa actividade.

4. Esta autorización queda suxeita ás seguintes condicións:

1. Comunicar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ao día seguinte de se producir calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, xuntando, se é o caso, informe ou certificado da Entidad Nacional de Acreditación (ENAC).

2. Cumprir o establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3. Nas súas actuacións na Comunidad Autónoma de Galicia, cumprir os requisitos suplementarios que no seu día poida establecer a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra esta resolución, que no esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2011.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental