Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38109

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (193/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 193/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Antonio García Pérez contra a empresa Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Manuel Malde López, C.B., o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a Tesouraría Territorial da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza n.º 346/2011.

Santiago de Compostela, catorce de novembro de dous mil once.

José Ignacio García Bourrellier, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os autos de xuízo verbal número 193/2011, sobre declaración de incapacidade permanente absoluta, seguidos entre partes: dunha, como demandante, Antonio García Pérez, asistido polo graduado social José Nogueira Delgado, e da outra, como demandados, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representados polo letrado Ángel González Quintás, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, asistida pola letrada Iria Sánchez Corbal, e Manuel Malde López, C.B., que non comparece malia ser citado en legal forma, pronunciou esta resolución:

Decido que, rexeitando integramente a demanda interposta polo demandante Antonio García Pérez, sobre declaración de incapacidade permanente absoluta ou declaración de incapacidade permanente total para a súa profesión habitual por accidente laboral ou enfermidade común, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Manuel Malde López, C.B., debo absolver e absolvo os demandados dos pedimentos de demanda.

Advirto as partes de que:

  • Contra esta sentenza poden anunciar recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e, por conduto deste Xulgado do Social número 3, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza.
  • Nese momento deberán designar letrado ou graduado social colexiado que se encargará da súa defensa na tramitación do recurso que anuncia.
  • No caso de que quen pretendese recorrer non ostentase a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou non gozase do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, no momento de anunciar o recurso e no prazo de cinco días sinalado, consignar a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista na clave de expediente 5076 0000 65 0193 11; e que no momento de formalizar o recurso de suplicación deberá acompañar xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade de 150 euros, na conta deste órgano xudicial, expediente 5076 0000 34 0193 11, aberta no Banco Español de Crédito, co número 0030 1846 42 0005001274, e deberá facer constar no campo de observacións a indicación de depósito para a interposición de recurso de suplicación».

E para que lle sirva de notificación a Manuel Malde López, C.B., expídese este edicto en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial