Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das propostas de resolución de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ás persoas que deseguido se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, as propostas de resolución ditadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, cuxo número se cita no anexo.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 5 de decembro de 2011.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º expediente

Precepto infrinxido

Último domicilio

Proposta de sanción

Copas Plus, S.L. (Enrique López Rivera)

B-27288364

LU-E 179/11

26.e) L.O. 1/1992

R/ Melitón Cortiñas 18, 2.º, Viveiro

300 €

Luis Acuña López

52499320-A

LU-E 267/11

26.e) L.O. 1/1992

R/ Celso Emilio Ferreiro 1-2.º A, Viveiro

150 €