Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 29 de novembro de 2011, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, polo que se empraza a empresa Silenus Consultoría, S.L. para ser notificada por comparecencia no expediente PR519A-2010-130.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a súa notificación polo servizo de Correos e ao non ter sido posible, emprázase a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, sita no edificio administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4.º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Interesada

NIF

Expediente

Acto de notificación

Silenus Consultoría, S.L.

B27359587

PR519A-2010-130

Trámite de audiencia

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011.

José Luis Somoza Digón
Xefe de Servizo de Xestión da Sociedade da Información