Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2011, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o establecemento do servizo de transporte regular a lugares de lecer para a ruta Ribeira-Padrón e pola que se abre un prazo para presentar solicitudes de autorización para prestar o servizo.

De conformidade co disposto no Decreto 80/2005, do 31 de marzo, polo que se regulan os servizos de transporte público a lugares de lecer, a empresa Arriva Noroeste, S.L. presentou solicitude de establecemento do servizo para a ruta Ribeira-Padrón.

Unha vez examinada a solicitude e de acordo co artigo 6.2 do citado decreto, este Servizo de Mobilidade elevou proposta estimatoria á Dirección Xeral de Mobilidade. En consecuencia, o 20 de abril de 2011 esa dirección acordou establecer o servizo solicitado e ordenou a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a apertura dun trámite de información pública.

En consecuencia,

RESOLVO:

  • Publicar como anexo os datos básicos do servizo.
  • Abrir un prazo de 20 días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os empresarios de transporte poidan presentar a solicitude de autorización para prestar o servizo.

Para estes efectos, deberán presentar a documentación que se relaciona no artigo 6.1 do Decreto 80/2005, do 31 de marzo, polo que se regulan os servizos de transporte público a lugares de lecer.

A Coruña, 29 de novembro de 2011.

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Ruta: Ribeira-Padrón.

Paradas: Ribeira, Palmeira, A Pobra do Caramiñal, Escarabote, Boiro, Taragoña, Bures, Rianxo, Dodro, Padrón.

Calendario: sábados do ano 2011.

Horarios:

Ida:

Ribeira-Padrón 22.15 5.30

Ribeira-Rianxo 22.15 00.45 5.30

Volta:

Padrón-Ribeira 23.30 6.30

Rianxo-Ribeira 00.00 1.30 4.30 7.00

Prezo: 4 euros por noite.