Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2011 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de acondicionamento e rehabilitación da torre do reloxo do mosteiro de San Salvador e San Rosendo en Celanova.

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 113, do 14 de xuño de 2011.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obras de acondicionamento e rehabilitación da torre do reloxo do mosteiro de San Salvador e San Rosendo en Celanova (Ourense).

1.3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación: 159.822,30 euros, IVE excluído.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de novembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 1 de decembro de 2011.

c) Contratista: Diseño y Construcción, S.A. (Diconsa).

d) Importe de adxudicación: 125.060,95 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2011.

P. D. (Orde do 2.5.2009)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo