Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2011 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de restauración e posta en valor do Camiño Francés ao seu paso por Gonzar, Portomarín.

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 109, do 8 de xuño de 2011, corrección de erros DOG núm. 125, do 30 de xuño de 2011.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obras de restauración e posta en valor do Camiño Francés ao seu paso por Gonzar, Portomarín (Lugo).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 262.140,62 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de novembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 1 de decembro de 2011.

c) Contratista: Diseño y Construcción, S.A. (Diconsa).

d) Importe de adxudicación: 218.101,00 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2011.

P.D. (Orde do 2.5.2009)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo