Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 7 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número RA/VI/2011/00244, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos interesados, con último domicilio coñecido na avenida Montero Ríos, n.º 85, 36900 Marín (Pontevedra), a resolución que desestima o recurso de alzada número RA/VI/2011/00244, formulado contra a resolución do xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra, do 15.1.2010, pola que se lles impuxo aos recorrentes unha sanción de multa pola comisión dunha infracción de carácter moi grave tipificada no artigo 54.1.h) da Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia, por non destinar a domicilio habitual a vivenda de protección oficial da cal son titulares, cuxa parte dispositiva di:

«RESOLVO:

Desestimar o recurso de alzada número V-2010/0147 interposto por Pilar Domínguez Pintos e Gonzalo Sorey Villaverde contra a Resolución do 15 de xaneiro de 2010, ditada polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra, no expediente sancionador ES-P-0001/09, confirmando a resolución en todos os seus termos.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou o de Pontevedra, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal».

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992 o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas