Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 7 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número RA/VI/2011/00192, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado, con último domicilio coñecido na praza Esteban Lareo, n.º 2, 5.º esq., 15003 A Coruña (A Coruña), a resolución que desestima o recurso de alzada número RA/VI/2011/00192, formulado contra a resolución do xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña, do 5.10.2009, pola que se denegou o financiamento cualificado de rehabilitación protexida para a vivenda sita na praza Esteban Lareo, n.º 2, 5.º esq., no concello da Coruña, cuxa dispositiva di:

«RESOLVO:

Desestimar o recurso de alzada número V-2010/0432, interposto por Serafín Rivas Fernández, fronte á Resolución do 5 de outubro de 2009, do xefe territorial na Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ditada no procedemento C-RP-0827/07 (C-RH-0001/07), pola que se denegou o financiamento cualificado de rehabilitación protexida para a vivenda sita na praza Esteban Lareo n.º 2, 5.º esquerda, no concello da Coruña, confirmando en todos os seus termos a resolución impugnada.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela só cabe recurso contencioso-administrativo perante os xulgados do Contencioso-Administrativo da Coruña, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal».

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992 o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas