Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 38015

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

OFERTA pública de emprego.

Por Resolución de Alcaldía deste concello, con data do 29.11.2011, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2011, en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

Persoal funcionario.

Funcionarios de carreira:

Persoal funcionario (promoción interna).

1ª. Grupo C; subgrupo C1; clasificación: Administración xeral; subescala: administrativa; número de vacantes: 1; denominación: administrativo-secretaría.

2ª. Grupo C; subgrupo C1; clasificación: Administración xeral; subescala: administrativa; búmero de vacantes: 1; denominación: administrativo-intervención.

Bóveda, 30 de novembro de 2011.

José Manuel Arias López
Alcalde