Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 38016

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública dun establecemento de fabricación de moldes e taller de matrizaría (expediente AM/18/11).

Mepronor, S.L. solicitou da alcaldía licenza municipal de acondicionamento e de actividade para a apertura dun establecemento dedicado a fabricación de moldes e taller de matrizaría, no polígono industrial das Gándaras, Orbenlle, Budiño, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante o mesmo prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra- poidan examinar o expediente AM/18/11, na sección de urbanismo deste concello as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se coiden oportunas.

O Porriño, 14 de novembro de 2011.

José Nelsón Santos Argibay
Alcalde