Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 38017

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública sobre actividade dunha nave no polígono industrial.

José Cancela, S.L., solicitou desta alcaldía licenza municipal de actividade dunha nave industrial para fabricación de malla electrosoldada para peches e outros usos, que se situará na parcela resultante da agrupación das parcelas 3, 4, 5 e 6 do polígono industrial de Santa Comba. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se coiden oportunas.

Santa Comba, 22 de novembro de 2011.

Antonio Manuel Landeira Gallardo
Alcalde