Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 38014

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de información pública sobre actividade de carpintaría.

Eulogio Montaña Miranda solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de carpintaría (anexo II do Decreto 133/2008) que se vai situar na Igrexa, 37-Baíña-Baiona. Cumprindo o disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Baiona, 28 de novembro de 2011.

Jesús Vázquez Almuiña
Alcalde