Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 38013

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública sobre instalación de actividade.

Desiderio Lado Romero solicita nesta alcaldía licenza municipal para instalar a actividade de bar-tapería no enderezo rúa Magdalena 8, baixo, do Milladoiro.

Para cumprir co disposto no punto 3, artigo 8, do Decreto 133/2008, DOG do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e con base na Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

Durante este tempo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente en Urbanismo, no Departamento de Aperturas, sito na rúa Alcalde Lorenzo 2, Bertamiráns, en horario de 9.00 a 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Ames, 25 de novembro de 2011.

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde